Skip to Content

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

Listaxes de libros de texto para o curso académico 2024-2025.

INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA CURSO 24-25

 PRAZOS DE MATRÍCULA

 

1º ESO e 2º ESO

3, 4 e 5 de xullo

3º ESO, 4º ESO e 2º FP Básica

1, 2 e 3 xullo

1 º de Bacharelato

26, 27, 28 de xuño

2 º de Bacharelato

24 e 25 de xuño

2º CM XA e 2º CM ELVEA

24 a 28 de xuño

1º de Ciclos de FP : Solicitude de admisión do 24 de xuño ao 4 de xullo ás

13:00

Normativa de admisión

Premios MEGABAU

Premios MEGABAU é un evento de homenaxe ao estudantado con mellores expedientes Galicia ABAU 2024 e aos seus centros educativos por favorecer a excelencia.
De esquerda a dereita: Manuel Vilariño, Carla Otero, Lucía Lojo, Alejandro Gómez, Cristina Sanjurjo, Hugo Vázquez, Jesús Daniel Muíño, Raúl Regos, Sara Feijóo, Abril Viqueira.

Gañadores do premio ao "mellor deseño" na I Carreira GreenPower en Galicia.

8/Xuño/2024. Sodes os mellores!! O profesorado de automoción do IES Ordes sempre innovando! Parabéns!

 

Moitas grazas aos patrocinadores que fan posible este traballo: GRUPO INTERNACO, DESGUACES RUTA VELLA, EL SABIO, UDC OFICIAL, GREEN POWER IBERIA, FP GALICIA e INTEGRALMOTION.ES

Xogos tradicionais Letras Galegas 2024

16/Maio/2024 Co gallo das Letras Galegas 2024 celebramos no centro unha xornada de xogos tradicionais. Organizado polo profesor de Educación Física Horacio, e levado a cabo, na súa totalidade, polo alumnado de 1º de bacharelato. Estas actividades están incluidas no programa CPInclúe para favorecer a convivencia positiva e a igualdade na comunidade escolar. Pasámolo estupendamente, moitas gracias por un traballo tan ben feito!

"Conseguimos a acreditación escolar para o noso instituto!"

Moitas gracias e parabéns aos q tanto traballastes e conseguistes a acreditación!

21/Maio/2024 O Equipo de profesores Erasmus+ do noso centro ten algo que celebrar, esta acreditación escolar permitirá internacionalizar a educación que impartimos, na que se inclúen mobilidades para alumnado e profesorado.

BOLSAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e deportes ven de publicar a convocatoria de bolsas de axuda para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Pode solicitar estas bolsas o alumnado que presenten algunha discapacidade, trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno de aspecto autista ou altas capacidades.

O prazo de presentación é do 30 de abril ao 13 de setembro.

Para máis información poden poñerse en contacto co departamento de orientación do centro ou no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 

TESOUROS REAIS (Museo Centro Gaiás)

18 de abril. Alumnado de Relixión de 3º de ESO desprazouse ata Santiago de Compostela nunha visita didáctica á exposición “Tesouros Reais”.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut