Skip to Content

VISITA PREPARATORIA DE PROFESORAS DO INSTITUTO ISS PARMENIDE

Os pasados 11 e 12 de xaneiro de 2024 estiveron no noso centro o IES Ordes as profesoras Mariangela e Rita, do IIS Parmenide, un instituto situado en Roccadaspide, na zona de Salerno, no sur de Italia.  Esta estancia  forma parte dunha visita preparatoria das dúas profesoras para organizar a viaxe que van a facer ao noso centro 6 alumnos/as e 2 profesores/as do seu instituto, do 5 ao 11 de maio, dentro do seu proxecto Three little habits. A finalidade deste proxecto é fomentar a práctica deportiva, a dieta saudable, a inclusión e os intercambios dixitais.

PROBAS 2024

Convocadas as probas de acceso a ciclo medio e superior do ano 2024:

Acceso a ciclo medio:

  • Débense cumprir, como mínimo, 17 anos durante o 2024.
  • Prazo de presentación de solicitudes do 26 de febreiro ao 8 de marzo.
  • Realización da proba 23 de maio.

Acceso a ciclo superior:

  • Débense cumprir, como mínimo, 19 anos durante o 2024.
  • Prazo de presentación de solicitudes do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro.
  • Realización da proba 18 de abril.

Enlace á convocatoria

Máis información

PROHIBICIÓN DO USO DE MÓBILES NOS INSTITUTOS

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades acaba de publicar a Orde de 4 de xaneiro de 2024 sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,  pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

En dito protocolo amplíase a prohibición do uso de móbiles a todo o horario escolar, incluíndo os tempos de lecer.

O protocolo estará vixente xa no primeiro día de clase despois das vacacións de Nadal (8 de xaneiro)

VIAXE A ESTAMBUL

Un nutrido grupo do alumnado de 1º e 2º bacharelato do IES ORDES (49 persoas), realizou unha viaxe a Estambul, entre o 30 de novembro e o 4 de decembro. Esta é unha actividade deseñada pola xefa do Departamento de Relixión, Mª José Maroño Otero, que foi acompañada doutras tres profesoras do instituto ordense, para achegar o cruzamento de culturas e relixións que se vive en Estambul, única cidade europea con parte tamén en Asia.

Visita Os Biosbardos • Cultura de Leira

 Actividade para o  alumnado de 1º de bacharelato da materia de bioloxía, xeoloxía e ciencias ambientais do IES de Ordes.

Enquisa sobre a organización da semana de exames de 2º de bacharelato

13/12/2023 19:38

ENQUISAS SOBRE A ORGANIZACIÓN DA SEMANA DE EXAMES DE 2º DE BACHARELATO

Este curso estase a probar un novo sistema para a organización dos exames de 2º de bacharelato, de tal xeito que os finais de cada trimestre son programados pola dirección en catro días. Os obxectivos para facelo así son tres:

- Encaixar todos os exames de todas as materias para que todo o alumnado teña a mesma carga de traballo, independentemente das materias escollidas na matrícula.

Conferencia EDUCACIÓN S. XXI con JOSÉ LUIS GARCÍA «Educación sexual y consumo de pornografía», en Santiago de Compostela

Convidamos a todas as familias e profesorado a participar neste ciclo de conferencias orientado a reflexionar sobre o labor e os retos que se atopan familias e docentes na educación actual. Un escenario onde impulsar o diálogo entre a comunidade educativa e especialistas en diversas materias, con temáticas de moi diferente perfil, vinculadas á actualidade, e no campo da educación.

PARTICIPACIÓN NA 19ª EDICIÓN DO SMOPYC EN ZARAGOZA

Un alumno e un profesor do IES Ordes, Juan Fisteus e Jose Manuel Carabel, participan na 19ª edición do SMOPYC en Zaragoza

Distribuir contido


by Dr. Radut