Skip to Content

PARTICIPACIÓN NA 19ª EDICIÓN DO SMOPYC EN ZARAGOZA

Un alumno e un profesor do IES Ordes, Juan Fisteus e Jose Manuel Carabel, participan na 19ª edición do SMOPYC en Zaragoza

Juan Fisteus, que cursa 2º de Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos no IES Ordes, participou xunto co seu titor, José Manuel Carabel, na “I Competición de Futuros Profesionais de Maquinaria e Elevación” que se celebrou entre os días 22 e 25 de novembro en Zaragoza. Esta competición forma parte das actividades do prestixioso SMOPYC (Salón Internacional de Maquinaria de Obras Públicas, Construcción y Minería) que celebra a súa 19ª edición este ano. 

Tras clasificarse para a fase final desta competición, o alumno tivo que resolver unha yincana e 6 probas prácticas sobre maquinaria e maquetas. Agradeceu moito a INTERNACO, que lle proporcionou os EPIS para facer estas probas. Este concurso foi transmitido en streaming e por iso a iso algúns momentos da magnífica participación de Juan Fisteus puideron ser seguidos durante o recreo con moito interese polo alumnado e profesorado do IES Ordes dende a pantalla que ten o instituto na entrada. 

Ademais de participar no concurso, tanto Juan Fisteus como José Manuel Carabel, puideron asistir a esta importante feira, indiscutible referente internacional. Permitiulles por un lado poñerse ao día nas últimas novidades en maquinaria, equipos e tecnoloxía aplicada e por outro relacionarse cos mellores profesionais do sector. 

 

 



page | by Dr. Radut