Skip to Content

Premios MEGABAU

Premios MEGABAU é un evento de homenaxe ao estudantado con mellores expedientes Galicia ABAU 2024 e aos seus centros educativos por favorecer a excelencia.
De esquerda a dereita: Manuel Vilariño, Carla Otero, Lucía Lojo, Alejandro Gómez, Cristina Sanjurjo, Hugo Vázquez, Jesús Daniel Muíño, Raúl Regos, Sara Feijóo, Abril Viqueira.

Nas recentes probas da ABAU presentáronse 69 estudantes do IES Ordes, acadando uns excelentes resultados. Tanto é así, que 13 deles acadaron máis de 9 puntos na fase xeral, polo que están convidados a participar na MEGABAU, acto de entrega de diplomas aos Mellores Expedientes de Galicia. Parabéns!

Venres 21 de xuño de 2024 no Coliseum da Coruña. Por primeira vez a Universidade da Coruña é a encargada de organizar este evento en colaboración coas outras dúas universidades públicas galegas e a consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

 



page | by Dr. Radut