O Ministerio de Educación, Formación Profesional e deportes ven de publicar a convocatoria de bolsas de axuda para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Pode solicitar estas bolsas o alumnado que presenten algunha discapacidade, trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno de aspecto autista ou altas capacidades.
O prazo de presentación é do 30 de abril ao 13 de setembro.
Para máis información poden poñerse en contacto co departamento de orientación do centro ou no seguinte enlace:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html