Secretaría
Xiao Aller premiado no certamen ‘Imaxes con Fondo’
O mozo Xiao Aller, da Estrada, venceu o premio único da categoría xuvenil do concurso de fotografía ‘Imaxes con Fondo’, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O concurso era unha ferramenta para promover a reflexión e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno do planeta e coas persoas que nel habitan.
Debía combinarse de unha a tres fotografías cun texto de 140 caracteres (un tweet), na que se expliquase a relación da fotografía ou serie co tema proposto, facendo unha reflexión sobre o significado da imaxe.
Horario de Atención al Público. Mes de Xullo
O horario de atención ao público no mes de xullo será de:
9:30 a 13:30 de luns a venres
Calendario dos Exames Extraordinarios de Maio, 2012
ENTRE OS DÍAS 7 E 11 DE MAIO REALIZARANSE AS PROBAS EXTRAORDINARIAS PARA O ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES.
SERÁN DENTRO DO HORARIO LECTIVO. O ALUMNADO QUE TEÑA QUE FACER AS PROBAS SAIRÁ DA CLASE “NORMAL” PARA FACER OS EXAMES.
Axudas para actividades en linguas extranxeiras, 2012
Probas de acceso a ciclos de Grao Medio. Curso 2011-12
- REQUISITOS: Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba (é dicir, ata decembro de 2012).
- DATAS DE INSCRICIÓN: Do 27 de febreiro ao 9 de marzo, inclusive. Nas secretarías dos centros que impartan ciclos formativos (IES Antón Losada).
- DATA CELEBRACIÓN DA PROBA: 25 maio.
- INFORMACIÓN DE INTERESE: O alumnado ten a disposición na conserxería do centro (para poder facer fotocopias) modelos de exames doutros anos e de contidos esixidos nas diferentes partes da proba. Os interesados/as poden pasar pola secretaría do centro a cubrir a solicitude de inscrición. O alumnado do PCPI terá de prazo ata o 5 de marzo, o día 6 acudirase ao IES Antón Losada para presentala. O alumnado da ESO terá de prazo ata o 7 de marzo, o día 8 acudirase ao IES Antón Losada para presentala.
- MÁIS INFORMACIÓN: Ver calendario no taboleiro da clase. Consultar a páxina http://www.edu.xunta.es/fp/probas. Acudir ao departamento de orientación do centro.
Impresión de material informático privado na Conserxería do Centro
O alumnado xa pode imprimir na fotocopiadora da conserxería do Centro os seus propios materiais en soporte informático. Podendo presentalo en lapis de memoria, cd, dvd ou ben envialos por mail á conta de correo:
Os traballos que se envíen por medio de correo electrónico UNICAMENTE se imprimirán en presencia do alumnado que o remiteu, para evitar o envío de material que logo non se recolle.
A impresión se cobrará ao prezo dunha fotocopia convencional.
Exames de Febreiro, 2012 - Calendario
Están convocadas, con caracter voluntario, como unha medida de axuda ao alumnado polo que serán realizadas fóra do horario lectivo o alumnado NON DISPORÁ DE TRANSPORTE ESCOLAR
Lei de Convivencia e Participación dá Comunidade Educativa
Como acoso escolar defínese no texto calquera forma de vexación verbal, física, psicolóxica e ata o illamento ou baleiro social que un alumno ou un grupo fan a outro, sexa cal for o lugar no que se produza. Tamén se inclúen as condutas a través de medios electrónicos ou telemáticos, como Internet, móbiles ou redes sociais.
O acoso escolar será falta grave de convivencia e os estudantes implicados poderán ser sancionados con medidas que van desde a realización de tarefas, a suspensión das actividades extraescolares, a expulsión do centro durante un máximo dun mes, ata chegar ao cambio de instituto.
Esta lei ademais, axiliza o réxime sancionador aos alumnos ata o punto de que condutas graves, que nestes momentos tardan en resolverse máis de dous meses, dirimiranse nun máximo de 22 días.
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA ANO 2010
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.077 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen nesta táboa e que non fora beneficiario desta axuda no verán de 2008 ou no verán de 2009
Acceso á Orde de convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de marzo
Impresos
Documentación do Centro, actualizada e necesaria para distintas actividades ao longo do curso
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7