Celebracións
Festival de Antroido, 2012
17 de febreiro de 2012
25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero
O 25 de novembro fué declarado día Internacional contra a Violencia cara á muller no Ier Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.
Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.
Magosto a toda castaña, 2011
DÍA DE MAGOSTO A TODA CASTAÑADA NO IES UN
Hoxe no día de San Martiño celebrouse no Ies Un a castañada deste ano en celebrar dunha xornada de magosto e castañas. Na idea desta celebración tamén se considerou a posibilidade dunha proposta chamada " VENDO A ÁRBORE NA SEMENTE" e así no disfrute das castañas e ao redor do festivo, tamén se tratou de poñer base de ter e de repoñer froito e pola mesma procedeuse á plantación de tres castiñeiros que dan así comezo a un souto de futuro que irá medrando a cada ano e que desta maneira dea proveito e froito de castañas nos anos que veñan coas que celebrar os magostos que se programan a cada ano neste Instituto. Por outra parte vaise · apadriñar· cadanseu castiñeiro cun nome do noso entorno ( de ámbito popular ) e que así quede constancia de rexistro de denominación en cada ano que se planten estas árbores e así tamén se sumen á creación dese lugar, o souto, ao que tamén se lle poñerá nome en breve.esta actividade tamén se inclúe noutra interdisciplinar de carácter didáctico-innovador e a desenvolver a través deste curso e que leva o nome xenérico de (RE)COÑECER(SE).
FAI CLICK AQUÍ PARA VER A GALERÍA FOTOGRÁFICA DO MAGOSTO, 2011
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4