FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 21/22

Publicado no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de libros en préstamo do Fondo Solidario da Xunta cos libros asignados ao alumnado.

A partir do 15 de setembro os pais, nais ou representantes legais poden pasar polo centro para recollelos e asinar a recollida.

INICIO CURSO 2021-2022


O curso comeza o día 15 de setembro.

Debido á situación sanitaria provocada pola Covid-19, a incorporación ás aulas farase de forma progresiva.

  • DÍA 15, ás 10:00 h: incorporación do alumado de 2º e 3º de ESO. No caso de necesitar acudir no transporte escolar, agardarán no patio do centro ata esa hora.

Ao día seguinte estes alumnos e alumnas incorporaranse ás aulas no horario habitual, ás 8:45 h.

  • DÍA 16, ás 8:45 h: incorporación do alumnado de 1º e 4º de ESO.

A saída do centro, tanto o día 15 como o 16, será no horario habitual, ás 14:25 h.

 

 

 

 

Inicio do curso académico 2021-22

As clases no curso 21-22 comezan o mércores 15 de setembro

 

Proximamente indicaránse os horarios de incorporación

 

 

 

 

NORMAS COVID SETEMBRO

INFORMACIÓN SETEMBRO 20-21

Nestas ligazóns atoparán toda a información relacionada co calendario das probas extraordinarias de setembro, devolución de libros, publicación de notas e reclamacións, e datas de matrícula:

-       Calendario das probas extraordinarias de setembro.

-       Outra información

 

LIBROS DE TEXTO 21-22

No ficheiro adxunto figura a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 20-21.

Aconséllase non mercar ningún libro ata iniciado o curso en setembro, cando se resolva a convocatoria de fondolibros e o reparto de libros do fondo solidario de libros de texto do centro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 21/22

Ven de publicarse no DOG a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022. Pode consultarse no seguinte enlace:

ORDE fondo solidario de libros de texto e material escolar

No ficheiro adxunto poden consultar a información de interese da orde resumida, así como o protocolo a seguir no noso centro para realizar as solicitudes.

DÍAS NON LECTIVOS

Lembrámoslles que o luns e o martes da vindeira semana (17 e 18 de maio) non haberá clases, o primeiro día pola celebración do Día das Letras Galegas e o segundo por telo concedido pola Xefatura Territorial da Consellería de Educación como día non lectivo.

LISTAXE DE RESERVAS E SOLICITUDES DE ADMISIÓN DEFINITIVAS

Pódense consultar no taboleiro do centro a listaxe de reservas admitidas e a listaxe definitiva de solicitudes de admisión aceptadas.

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Quen somos?

Maratón fotográfico 30x30 (30 fotos en 30 días)

Cada 2 anos o departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual organiza este maratón fotográfico.

A novidade deste ano é que o fixemos extensible ao alumnado de 1º e 2º (de xeito voluntario), con restultados sorprendentes !!.

O reto é individual. Os temas aparecerán en lotes de 5. Para cada tema teñen 5 días de tempo para realizar a foto

As normas que hai que cumprir:

As fotos teñen que estar realizadas dentro das datas que sinala cada tema.

Cada participante poderá publicar unha soa fotografía por tema.

Para tomar as fotos pódese utilizar calquera tipo de cámara digital

 

Selección diaria dos traballos presentados:

Listaxes de reservas e solicitudes de admisión admitidas

Dende o 19 de abril poden consultarse no taboleiro do centro a listaxe de reservas admitidas e a listaxe provisional de solicitudes de admisión admitidas.

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Probas finais das materias pendentes

Probas finais das materias pendentes

Ventilación e COVID - 19

Ventilación e COVID - 19

PERÍODO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

No mes de marzo ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión. Esta convocatoria está dirixida a aquel alumnado que, non estando cursando 6º de primaria nun dos centros adscritos nin matriculado actualmente no noso centro, desexe ser admitido no IES Nº1 en calquera curso.

As solicitudes de admisión poden presentarse presencialmente no centro para o que se solicita a admisión ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (formulario normalizado ED550B).

 Prazos:

DÍA DE ROSALÍA, 2021

Debido ás restricións sanitarias por mor da pandemia que estamos a sufrir, a conmemoración do Día de Rosalía trasladámola ás redes sociais, mantendo o mesmo fin de lembrar a nosa poeta e todos os valores de rebeldía, amor á Terra, compromiso coas emancipacións e celebración da vida que ela representa. E moitas cousas máis das que nos gustaría que nos falases ti para encher un minuto co tema que desexes sobre esta escritora que tanto nos di cos seus versos.
Pedímosche que graves unha intervención de menos de 60 segundos e que nola envíes ao correo da nosa páxina web: redaccion@tabeirosmontes.com, ou que nola fagas chegar por calquera outro medio até o venres 19 de febreiro co fin de publicar nas redes sociais e na web www.tabeirosmontes.com o día 24 todas as achegas. Estas actividades rematarán coa lectura do manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega ás 20:00 h. a través das nosas

 

20-21 Entroido da Pandemia

Imaxes do "peculiar" entroido da pandemia do 2021 no IES Nº 1

Álbum: 3 Extraescolares -> 20-21 Entroido

ADMISIÓN ALUMNADO 21/22 - Reserva de praza

O próximo 11 de xaneiro ábrese o prazo para presentar as solicitudes de reserva para cursar 1ºESO no noso centro o vindeiro curso, coas seguintes particularidades:

  • A solicitude de reserva debe facela exclusivamente aquel alumnado que proveña dun dos catro centros adscritos ao noso e que esté cursando actualmente 6º de primaria.
  • Esta solicitude farase no centro de orixe, é dicir, no centro de primaria.
  • O prazo para facer a solicitude comprende entre o 11 de xaneiro e o 16 de febreiro.

Recital Poético para visibilizar a VIOLENCIA DE XÉNERO

Álbum: 2 Biblioteca -> 2020 12 Recital poético VIOLENCIA DE XÉNERO

Recital Poético para visibilizar a VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Recital Poético para visibilizar a VIOLENCIA DE XÉNERO

para o alumnado de 4º ESO

a cargo da artista MIRIAM FERRADÁNS

 

Lúns 21 de decembre ás 13 horas no IES Nº 1 da Estrada

 

 

Reparto de máscaras para o alumnado

A semana que entra (probablemente entre o martes 15 e o mércores 16) faremos o reparto de máscaras entre o alumnado beneficiario desta medida.