Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

O  11 de xaneiro abriuse o prazo para presentar as solicitudes de reserva para cursar 1º ESO no noso centro o vindeiro curso, coas seguintes particularidades:

  • A solicitude de reserva debe facela exclusivamente aquel alumnado que proveña dun dos catro centros adscritos ao noso e que estea cursando actualmente 6º de primaria.
  • Esta solicitude farase no centro de orixe, é dicir, no centro de primaria.

 

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.