O IES Nº 1 foi galardoado co 1º Premio na Categoría de Centros e con dous premios individuais no concurso organizado pola Deputación de Pontevedra para homenaxear a figura de Xela Arias.
A nivel individual, concedéronnos un 1º premio para a alumna Helena Castaño e un accésit para Hiba Lajouad.
Parabéns a estas magníficas rapazas e tamén a todos os mozos e mozas que participastes no concurso coas vosas creacións, dunha calidade excelente, merecedora tamén de premio.
A poesía de Xela Arias late nestas novas voces que entrelazaron maxicamente a palabra e a imaxe, como xa fixera noutrora a ousada poeta no seu libro máis transgresor Tigres coma cabalos.
Se picades aquí, poderedes ler a noticia do xornal Faro de Vigo, que recolle a entrega do galardón.
E moito máis importante, aquí tedes a montaxe que recolle todas as vosas creacións.
Desfrutade delas!