CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DO XORNAL EL EMIGRADO

 Con motivo da conmemoración do centenario do xornal El Emigrado, publicado na Estrada por primeira vez o 15 de setembro de 1920,  a asociación cultural Vagalume  quixo celebrar unha homenaxe a esta publicación que, segundo sinalan desde a asociación, foi un dos acontecementos culturais máis decisivos do municipio e do país en xeral.

A edición do xornal, que foi posible grazas ás achegas económicas da emigración, era o froito de décadas de loita pola emancipación das clases populares estradenses, que viron a necesidade de ter un órgano de expresión das súas ideas e de información ao servizo da verdade e dos intereses do pobo.

A asociación Vagalume, entre outros actos de celebración, quere achegar un xornal a cada familia estradense, polo que serán repartidos ao longo da semana próxima entre o alumnado do noso IES.

 

 emigrado