Cada alumno pode participar con unha ou varias fotografías, tomadas en datas anteriores a 1970, que serán enviadas á asociación a través do centro educativo no que estude. As fotografías conterán imaxes de calquera aspecto relacionado co Patrimonio Cultural Inmaterial (oralidade, saberes tradicionais, ciclo festivo anual, cultura agromarítima, etc. ) e presentaranse dixitalizadas
Os participantes só poderán achegar fotografías que sexan propiedade da súa familia sendo motivo de exclusión do certame a aportación de imaxes de fora dese ámbito
Cada imaxe acompañarase dun texto libre que terá unha extensión máxima de 250 palabras. texto libre, ademais, poderá ofrecer os seguintes datos da fotografía: onde está tomada, quen aparecen nela, data aproximada na que foi feita e a relación desa imaxe co Patrimonio Cultural
Enlace ao ALBUM DE FOTOS " A NOSA GRAN HISTORIA COLECTIVA"
Enlace ao ALBUM DE FOTOS " A NOSA GRAN HISTORIA COLECTIVA. MANUEL SOBREDO"
Enlace ao FORMULARIO QUE ACOMPAÑA ÁS FOTOS
Enlace ás BASES E FORMULARIO DA ORGANIZACIÓN
Recursos para as Palabras Clave:
Zoner PhotoStudio (80 megas)