Exposición premiados no concurso IMAXES CON FONDO

E son imaxes con fondo

porque o son con corpo

                   con saber e sabor

                   con gusto.

Son imaxes múltiples

que multiplican,

que van a unha

facéndose tantas como ti gustes,

porque tiran de nós

                   de quen somos

                   do que coñecemos

                   do que sabemos

Son imaxes fillas de experiencias

compartidas,

a Fondo Galego de Cooperación

e solidariedade,

con fondo como sustento

das nosas realidades abrazadas

as nosas ilusións e fantasías.

Gocémolas unha a unha

 

                        Unha por unha.