Eleccións ao Consello escolar

O 22 de outubro, ás 10:25 horas, constituíuse a Xunta Electoral, quen, de acordo coa lexislación vixente procede a:

1. Aprobar e publicar os censos electorais (dispoñibles na Secretaría do centro para consulta). Prazo límite para presentación de reclamacións: 8 de novembro, mediante escrito dirixido á Xunta Electoral. 

2. Concretar o calendario electoral:

  • Do 30 ao 11 de novembro (ata as 14:00 horas): prazo para a presentación -na Secretaría do centro- de candidaturas aos distintos sectores, conforme ao formulario dispoñible na Secretaría do centro e/ou na seguinte ligazón
  • 12 de novembro: reunión da Xunta Electoral (admisión, proclamación e publicación das candidaturas, sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais e comunicación aos membros das mesas e suplentes de dita circunstancia).
  • 13 e 14 de novembro: Prazo de reclamación á proclamación das candidaturas e admisión de solicitudes de supervisores.
  • 15 de novembro: Reunión da Xunta Electoral (Publicación da resolución sobre as reclamacións ás candidaturas, publicación das correccións aos censos e elaboración das papeletas e credenciais dos supervisores).
  • 19 de novembro: Constitución mesas electorais e votacións.
    • Mesa alumnado. Constitución: 10:30 h. Votacións: de 10:45 a 12:25 h.
    • Mesa persoal de administración e servizos: Constitución: 13:15 h. Votacións: 13:30 a 14:30 h.
    • Mesa pais/nais/representantes legais. Constitución: 18:00 h. Votacións: de 18:15 a 20:00 h.
    • Mesa profesorado: en claustro extraordinario, ás 12:25 h.
  • 25 de novembro: reunión Xunta Electoral (Proclamación e publicación dos/as candidatos/as elixidos/as, traslado actas das mesas electorais á Xefatura Territorial e comunicación aos/ás candidatos/as electos/as).

Convocatorias dos distintos sectores:

AdxuntoTamaño
Candidatura_CE.pdf305.78 KB
Convocatoria_CE_nais-pais.pdf461.49 KB
Convocatoria_CE-Alumnado.pdf369.04 KB
Convocatoria_CE-Profesorado.pdf356.47 KB
Convocatoria_CE_PAS.pdf322.09 KB