«Moita xente díxome que era pequena e que nunca pasaba nada, pero a min A Estrada gústame moito».

Quen así fala é Ruthie Dworin, unha estadounidense de 26 anos que traballa como auxiliar de conversación no noso instituto e mais no CEIP Plurilingüe de Oca. A nosa nova compañeira vén de vivir sete anos en Chicago, mais non por iso encontra pouco atractiva A Estrada. Gústalle o ambiente, a vida cultural, a paisaxe do rural e tesouros como o Pazo de Oca. Ruthie tamén afirma que quere mellorar o seu castelán, que xa fala arreo, e quere aprender a lingua galega, que vai entendendo. A súa "familia" de Moaña, a gastronomía ou os seus proxectos de futuro son outros dos temas que aborda na entrevista que lle fixeron para La Voz de Galicia.
Benvida, Ruthie! Desexámosche unha feliz e proveitosa túa estadía entre nós!