En cumprimento da RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, o sorteo dos membros da Xunta Electoral terá lugar o día 18 de outubro ás 10,30h na Secretaría do centro.
A Xunta Electoral estará integrada pola directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do PAS, e un alumno ou alumna; designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.
Unha vez realizado o sorteo, serán enviadas as citacións aos membros titulares e suplentes para a constitución da Xunta Electoral, indicando a data e a hora.