A ANPA do IES Avelina Valladares renovou a súa directiva recentemente; en arquivo adxunto teñen o cargo de cada persoa, o seu nome e o contacto (enderezo electrónico).
É aconsellable que se asocien, xa que non só recibirán información de todas as actividades enfocadas ás familias, senón que tamén se beneficiarán de descontos ao longo do curso. Deben saber que a ANPA colabora na actividade de Piscina, que desenvolve o departamento de Educación física no 3º trimestre, achegando 5 euros por cada neno/a; ademais, sufraga con 3 euros as saídas extraescolares para as familias que son socias.
Para facelo, deben pagar unha cota anual única, por familia, de 15 euros.
DATOS DA CONTA:
- ABANCA
- ES88 2080 0506 23 3040021027
- CONCEPTO: COTA ANUAL SOCIO + Apelidos e nome do alumno/a + Curso en que se matricula.
Poden enviar o xustificante ao seguinte correo: anpaiestrada@gmail.com
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANPA-DIRECTIVA_CONTACTO.pdf | 116.67 KB |