Chega unha nova edición da 'Revista Viva. Nós de Nós'

Prema para descargar o díptico da Revista Viva Nós de Nós

Regresa a Revista Viva. Nós de Nós para poñer o ramo e festexar un curso que remata.

A Revista Viva é a celebración dunha comunidade educativa aberta, dinámica, activa e comprometida co ensino público. 

A Revista Viva fala de Nós porque está protagonizada polo alumnado, que a guía, que representa, que actúa e que se recoñece a si mesmo.

A Revista Viva é un encontro con Vós porque estades todas e todos convidados.

A Revista Viva medra con outros e outras de Nós: coas historias de Celso Fernández Sanmartín, coa poesía de Luísa Villalta da man de Xurxo Souto, coas músicas de Á Par do Canto de Manuele Pardo e David Canto, co deseño de Rosa de Cabanas, coa dirección teatral de Cristina Andrade e co maxisterio no xadrez de Roberto Patiño. 

A Revista Viva agradece a Anacos Educativos o seu apoio e promoción da lingua no ámbito empresarial e comercial.

Revista Viva. Nós de Nós, martes 18 a partir das 17h no Teatro Principal. Acompañádesnos?

A festa continúa na presentación de Somos un pobo de artistas co autor, Xurxo Souto, e mais a Asociación Vagalumes a partir das 20h na Casa das Letras. 

 

A Revista na prensa: 

Xurxo Souto e Celso Fernández participan na despedida do curso do IES Número 1 da Estrada (La Voz de Galicia)

A Asociación cultural Vagalumes e o IES Nº 1 presentan o novo libro de Xurxo Souto (Faro de Vigo)

O IES Nº 1 presentará unha nova edición da Revista Viva 'Nós de Nós' e un libro de Xurxo Souto (Xornal da Estrada)

Entrevista a Xurxo Souto (11') e á directora Beatriz Quintela e ao profesor Román Cerqueiro (62') no programa A Galería de Radio Estrada (18-06-24).

AdxuntoTamaño
Nota_prensa_VIII_RevistaViva_IES_N1.pdf124.2 KB
Diptico_VIII_Revista_Viva_2024.pdf419.69 KB