Ábrese o prazo para solicitar as BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2024 para estudantes que vaian cursar estudos postobrigatorios: Bacharelato, Formación Profesional de grao básico, medio, superior, etc.
PRAZO: dende o 19 de marzo ao 10 de maio de 2024
Aínda que o alumnado non saiba con seguridade que ou onde vai estudar, débese solicitar a bolsa igualmente neste prazo.
Nesta ligazón pódese obter máis información.
A solicitude cumpriméntase obrigatoriamente online a través da sede electrónica do MEFP (debes rexistrarte previamente).
Cómpre ter a man datos como DNI dos membros da familia, referencia catastral, conta bancaria na que figure o menor, título de familia numerosa, etc.