A Consellería de Educación publicou a Resolución pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de ESO e Bacharelato en Galicia no curso 2023/2024.
Alumnado que cursa 4º da ESO:
- Co graduado da ESO recibirá o certificado que acredita o nivel de iniciación.
- Poderá acreditar o nivel intermedio a través dunha proba específica que se celebrará no mes de maio no propio centro.
Para solicitar participar nas probas, o alumnado interesado deberá presentar na secretaria do centro o anexo IV debidamente cuberto, con data: xoves, 14 de marzo de 2024.
Máis información do Marco Galego de Competencias Dixitais nesta ligazón.