O pasado martes, día 8 de novembro, o alumnado de 3º ESO e os de 4º da materia de Plástica visitaron A Coruña, para participar dunhas actividades organizadas polos departamentos de Plástica, Bioloxía e Lingua galega.
Primeiro fomos ao Museo de Belas Artes, onde desenvolvemos unha visita guiada que tratou de conectar dúas artes: a pintura e a literatura. De feito, en cada un dos cadros que contemplamos, lemos textos literarios relacionados, ben pola temática, ben polo contexto en que foran creados.
A seguir, demos un fermoso paseo á beira do mar, que nos levou ata a Domus, o primeiro museo interactivo dedicado integramente ao ser humano. Aquí o alumnado visitou a exposición Bocados sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.