Prezadas familias:
Este ano, como os pasados, poden vostedes asociarse á ANPA do IES Nº1.
É sumamente aconsellable, xa que obterán descontos nas saídas extraescolares dos seus fillos e fillas ao longo de todo o curso, á parte de estaren informados puntualmente das actividades que se organizan para as familias.
Deben xuntar o xustificante do pagamento da cota anual (que continúa sendo 15 €) na conta Nº ES88 2080 0506 23 3040021027de ABANCA a nome da asociación ANPA IES Nº1, co seguinte texto: "COTA ANUAL DE SOCIO, apelidos e nome do/a alumno/a, curso no que se matricula no ano académico 2022/23".
A cota de socio é única por familia, polo que no caso de que no centro cursen varios irmáns, a cota é igualmente de 15 € para todos.
Poden envialo ao seguinte correo: anpaiestrada@gmail.com
Se o prefiren, tamén poden pasar polo IES. Na administración farémoslles a inscrición sen problema.
Poden facerse socios da ANPA en calquera momento do curso, pero convén facelo canto antes, para beneficiarse dos descontos.