O centro
Familias
Iniciar sesión
Educación Emocional
Quen somos e que facemos
admin — Mér, 2024-01-24 16:31
Dende o curso 2019-20 no IES de Mos estamos a desenvolver un programa de Educación Emocional xa que entendemos que este é un alicerce fundamental no desenvolvemento integral das persoas, con especial relevancia no noso alumnado polo momento de crecemento persoal no que se atopan.
Ademais, cremos que a educación emocional impacta non so no ámbito individual, senón tamén no social porque individuos emocionalmente competentes establecerán relacións máis saudables e empáticas construíndo unha comunidade máis plena e solidaria.
Por iso no curso 2019 presentámonos ao programa da Fundación Botín: Educación emocional, social e da creatividade do que xa somos Centro graduado. Este programa permitiunos a todo o claustro recibir formación durante tres cursos destas facetas da Educación Emocional impartidas por profesionais especializados.
Paralelamente,comenzamos a desenvolver actividades complementarias nas titorías coa finalidade de favorecer o crecemento emocional do noso alumnado e a mellora na convivencia do noso centro.
E esa segue a ser a nosa liña de traballo, aínda que outro obxectivo fundamental é chegar máis lonxe. Non só é importante traballar a Educación Emocional a nivel alumnado, senón que chegue a toda a comunidade educativa. Así, queremos convidarvos a formar parte e colaborar tamén na Escola de Familias, onde esperamos veros a todas e todos nas próximas convocatorias.
Escola de familias
admin — Mér, 2024-01-24 16:50
Anexamos a información presentada na Escola de familia. Ante calquera dúbida, vinde a preguntarnos.
Libros recomendados
admin — Mér, 2024-01-24 16:48
Dende Educación Emocional, queremos recomendarvos unha lista de libros que podedes consultar e coller en préstamo na nosa biblioteca.
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |