O centro
Familias
Iniciar sesión
Igualdade
Grupo de igualdade de xénero e diversidade
admin — Mar, 2023-11-14 10:21
QUEN SOMOS?
Grupo de igualdade de xénero e diversidade está formado por alumnado e profesorado que comparte, debate, reflexiona, aprende e realiza campañas que promoven a igualdade entre o alumnado e o rexeitamento ao machismo e á LGTBIfobia. Este grupo nace no ano 2019 e, desde entón, cada curso de maneira diferente e acorde ás circunstancias, non parou de traballar a prol da igualdade tanto con encontros formativos como con campañas e actos formativos.
QUE PLANS TEMOS NO CURSO 2023-2024?
1. Reunirémonos tres luns trimestrais a mediodía para preparar campañas diferentes. Ademais, tamén recibiremos unha sesión de formación trimestral de persoas expertas na materia. As primeiras campañas deste curso, por consenso, estarán centradas en:
a) Visibilización de todas as mulleres asasinadas (oficiais e non oficiais) no ano 2023 dedicándolles un espazo no noso IES.
b) Exposición de datos machistas en España (fenda salarial, teito de cristal...).
c) Realización dunha curtametraxe sobre a violencia de xénero.
d) Creación dunha campaña chamada “Moda sen estereotipos”.
2. Participaremos e prepararemos actos en datas sinaladas: 25N, 8M, mes do orgullo...
3. Debateremos sobre temas de actualidade.
4. Aprenderemos sobre historia do feminismo.
5. Crearemos un espazo seguro cunha rede de apoio para aquelas persoas que queiran compartir situacións e inquedanzas.
Síguenos en Instagram!
@igualdade_iesmos
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |