O centro
Familias
Iniciar sesión
TABOLEIRO DE NOVAS
FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2017: listaxes definitivas
Anónimo — Xov, 2017-06-08 08:30
Listaxes definitivas Axudasle:
Pódense consultar tamén en :
https://www.edu.xunta.es/axudasle/
CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO
Anónimo — Xov, 2017-06-08 08:23
Valencia 2017: viaxe de 4º ESO
Anónimo — Dom, 2017-05-07 20:57
Aquí deixamos un enlace para que podades desfrutar coa memoria da viaxe a Valencia.
E alén das nosas fronteiras imos facendo patria:
https://m.facebook.com/centronauticogandiasurf/photos/a.201229233259632....
Campamentos de Verán da Xunta de Galicia
Anónimo — Mér, 2017-04-19 11:20
Campamentos de Verán 2017
Calendario curso 2016-2017 do EDL
Anónimo — Lun, 2016-10-10 15:36
Acceso ao calendario de acción titorial 2016-2017. EDL, NormalizaMOS
CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO
Anónimo — Mér, 2016-07-27 11:40
O Diario Oficial de Galicia do 27 de xullo de 2016 publica a Orde do 7 de xullo de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015/16.
Poderanse conceder ata un máximo de vinte premios, cada un deles dotado con 750 euros e diploma acreditativo.
Para optar aos premios, é preciso ter obtido no conxunto dos catro cursos de ESO unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos (esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa).
Os aspirantes aos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico deberán realizar unha proba, que se verificará no lugar e datas que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universtaria http://www.edu.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días a partir do 28 de xullo de 2016.
As solicitudes presentaranas directamente as persoas interesadas ou os seus representantes legais. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou no anexo I da Orde do 7 de xullo de 2016.
Todos os requisitos e demais informacións pódense consultar na citada Orde do 27 de xullo de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia do 27 de xullo actual.
LISTAXES DAS SOLICITUDES CORRESPONDENTES ÁS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016
Anónimo — Mér, 2016-05-18 12:12
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 28 de marzo a Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Comunícase que o día 16/05/2016 publicáronse as listaxes correspondentes ao indicado no artigo 14.1 da Orde de convocatoria:
- - Solicitudes coa documentación correcta.
- - Solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto.
- - Solicitudes excluídas, indicando as causas de exclusión:
- a. Solicitudes fóra de prazo.
- b. Solicitudes excluídas por non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3 da Orde de convocatoria.
LISTADO DEFINITIVO DE BECADOS POLO MINISTERIO
Anónimo — Mér, 2016-05-11 10:49
Por indicación da Subdirección Xeral de becas do Ministerio informamos do seguinte a efectos de difusión aos interesados:
Onte publicáronse na páxina web do Ministerio os listados definitivos de becarios da convocatoria xeral do actual curso 2015/16. Pódese acceder dende o seguinte enlace: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/bachillerato/becas-generales-no-universitarias.html
Por conseguinte, o prazo para a presentación de recurso de reposición por parte dos alumnos comeza o 10 de maio e finaliza o 9 de xunio de 2016.
No obstante, como en anos anteriores, enviamos os listados de beneficiarios por centros educativos aos efectos que estimedes oportunos. A publicación destes listados pola vosa parte (que este año é voluntaria) non modificará en ningún caso o prazo para a presentación de recursos, que é o que os indicamos no parágrafo anterior.
Un saúdo
Probas de acceso a ciclos de grao medio. Listaxes provisionais de solicitantes e exencións. Convocatoria 2016
Anónimo — Xov, 2016-05-05 15:14
Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Período de reclamación: do día 4 ao 9 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO
Anónimo — Ven, 2016-04-29 12:37
Programa Deseñando o teu futuro
Publicado no DOG do día 18/04/2016:
PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO
Entidade convocante: Xunta de Galicia- Consellería de Política Social
Prazo: 19/04/2016 ata o 18/05/2016
Obxecto:
Financiar proxectos dirixidos os/as mozos/as de entre 14 e 18 anos para que realizen estadías-visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas , para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvovlemento persoal e a súa formación.
Características do proxecto:
· Data límite de realización: 15 de novembro de 2016
· Duración das estadías-visitas: entre 5 e 15 días hábiles
· As xornadas diarias nas empresas será de como mínimo de 4 horas
· Número de mozos/as participantes: máximo 30
· O proxecto constará de 3 fases:
a) Organización e planificación
b) Realización das estadías-visitas non remuneradas
c) Avaliación e o seguimento posterior
Réxime de concesión: concorrencia competitiva
Beneficiarios:
- Concellos
- Entidades sen ánimo de lucro que presten servicios a mocidade
Conceptos subvencionables:
- 6 euros por participante/dia para cubrir os gastos de manutención e desprazamentos dos mozos
- 100 euros por participante para cubrir os gastos derivados da organización das estadías-visitas:
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |