O centro
Familias
Iniciar sesión
PROCESO DE ADMISION CURSO 23-24. AVISO PARA SOLICITUDES DE ALUMNADO PROCEDENTES DE CENTROS NON ADSCRITOS
admin — Lun, 2023-02-27 11:16
ADMISIÓN DE SOLICITUDES PARA O CURSO 2023/24
Para alumnado procedente de centros non adscritos
Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 20 de marzo
Procedemento de presentación das solicitudes:
- 1. Poderanse presentar no propio centro cubertas a man ou as realizadas na sede electrónica. https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
2. Na sede electrónica, https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Empregando chave 365 ou mediante certificado dixital
Documentación :
- Anexo II-bis, cuberto e asinado polo outro proxenitor.
- Fotocopia do DNI do alumno ou da folla correspondente do libro de familia.
- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno e demais membros computables da unidade familiar.
- Fotocopia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
Presentarase unha única solicitude no centro que se elixa en primeiro lugar.
A presentación de dúas solicitudes causará a perda de dereitos de prioridade que puidesen corresponderlle.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:
- Provisoria: 25 de abril (Prazo de reclamación de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación)
- Definitiva: 15 de maio
Documento de autorización da saída de alumnado menor de idade ao estranxeiro.
admin — Mér, 2023-02-01 08:58
DOCUMENTACIÓN IMPRESCINDIBLE PARA QUE OS MENORES DE IDADE POIDAN PARTICIPAR EN ACTIVIDADES FÓRA DE ESPAÑA.
Adxúntanse tres documentos para poder realizar o trámite de autorización de saída do alumnado menor de idade participante en actividades nas que se traslade ao estranxeiro.
Adxuntamos o modelo para presentar na Garda Civil, recomendado porque no concello de Mos non existe Comisaría da Policía Nacional.
Malia o recomendado, adxuntamos tamén o modelo e a guía do trámite para quen quixer presentarse na Policía Nacional.
Lean con atención a documentación para, no momento de o presentar, poidan realizar o trámite sen demora.
Escola de familias 22-23
admin — Xov, 2023-01-26 13:06
Este curso a nosa Escola de familias terá lugar tal e como indica o seguinte cadro
Para asistir a ditas charlas deberán cubrir o seguinte formulario
Información sobre as eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar do centro.
Anónimo — Mér, 2022-11-09 13:34
Estimadas familias: O próximo martes, 29 de novembro, desenvolveranse as votacións para a renovación parcial do Consello Escolar. A norma establece que os diferentes sectores, neste caso os responsables do alumnado e o propio alumnado, deben estar informados do procedemento. Polo tanto, infórmolles da convocatoria das devanditas eleccións e da publicación, nos taboleiros ubicados no centro, dos censos electorais para que os poidan consultar e, no seu caso, presentar a reclamación que estimen. O período de reclamacións comeza o 10 de novembro e remata o 17 do mesmo mes. O prazo de presentación de candidaturas será do 11 ao 18 de novembro. As persoas interesadas en presentaren a súa candidatura poden solicitar o impreso na Conserxería do centro ou descargar o arquivo adxunto. Deberán entregalo na Secretaría do centro para que sexa debidamente rexistrado. Reciban un saúdo cordial.
XCS.
Director do IES de Mos.
SEN CLASE
Anónimo — Sáb, 2022-10-15 17:20
DÍA NON LECTIVO: escollido polo centro
SEMANA SANTA
Anónimo — Sáb, 2022-10-15 17:17
SEMANA SANTA: dende o 3 ata o 10 de abril de 2023
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |