O centro
Familias
Iniciar sesión
Articles
Bo verán!
admin — Mér, 2024-07-31 16:21
Benquerida comunidade educativa do IES de Mos:
Rematamos outro ano académico e chega o momento de desconexión que tanto esperabamos. Que este mes de agosto sirva para descansar e compartir momentos especiais cos nosos seres queridos.
Dende o equipo directivo son moitos os agradecementos que temos que facer. Grazas ás familias, o seu apoio foi fundamental, a súa axuda é o piar do éxito dos seus fillos e fillas. Grazas á ANPA e Concello, sempre atentos coas nosas necesidades e dispostos a colaborar desinteresadamente. Grazas ao profesorado polo seu traballo, dedicación e paixón por esta marabillosa profesión; grazas ao resto de persoal do instituto (limpadoras, conserxes, administrativas), sen elas o día o día non sería posible.
E sobre todo grazas ao alumnado, o eixo ao redor do cal xira todo este pequeno universo. Pese aos pequenos conflitos que xorden na convivencia diaria, pensamos que cada un de vós está a aportar o seu pequeno gran de area á comunidade escolar, creando un espazo máis tolerante e amable. O profesorado do IES de Mos seguirá ao voso lado, acompañándovos no voso camiño educativo.
Boas vacacións!
Con cariño,
O equipo directivo do IES de Mos.