O centro
Familias
Iniciar sesión
Articles
Actualización da listaxe de libros de 1º Bach: Lingua castelá e literatura
admin — Lun, 2024-09-16 09:31
O libro de 1º BACH para este curso é Lengua castellana y Literatura 1 da editorial Casals, ISBN 978-84-218-7467-7. Non comprar ata falar coa docente.
Un saúdo e grazas.
Creación do Carné Xove no IES de Mos
admin — Ven, 2024-09-13 10:57
Bo día.
O día 2 de outubro, persoal da Rede Galega de Dinamización Xuvenil estará no instituto para facer o Carnet Xove a aquel alumnado que estea interesado.
Que necesitamos? Precisamos que antes do 27 de setembro entreguen a documentación que adxuntamos en Vicedirección.
- ALUMNADO MAIOR DE 14 ANOS: Cubrir os datos que aparecen no Anexo 1.
- ALUMNADO MENOR DE 14 ANOS: Ademais de cubrir os datos do Anexo 1, deberán entregar o Anexo 2.
Por motivos organizativos, non colleremos ningunha solicitude máis alá do día 27.
Moitas grazas.
Aviso sobre os libros de texto do departamento de Matemáticas
admin — Mér, 2024-09-04 12:37
O Departamento de Matemáticas transmite a seguinte información sobre os libros de texto para o curso 24-25:
Informamos que o libro de texto que figura na web será necesario en todas as materias de matemáticas de bacharelato excepto na materia de 2º de bacharelato de Ciencias Sociais. Os profesores/as das materias de primeiro (tanto as de ciencias como as de ciencias sociais) e os de Ciencias de segundo sí o empregarán"
Horario do día 11 de setembro
admin — Lun, 2024-09-02 08:55
Bo día. Informamos ás familias que o día de inicio das clases (11 de setembro) o horario será o habitual, de 8.30 a 14.10.
IMPORTANTE: Para poder distribuir ao alumnado nas súas aulas, os rapaces e rapazas terán que dirixirse a:
- Entrada principal: Alumnado de 1ª ESO, 1º Bach e 2º Bach.
- Entrada traseira: Alumnado de 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e FP Básica (1º e 2º).
Un saúdo e bo comezo de curso.
O equipo directivo
Bo verán!
admin — Mér, 2024-07-31 15:21
Benquerida comunidade educativa do IES de Mos:
Rematamos outro ano académico e chega o momento de desconexión que tanto esperabamos. Que este mes de agosto sirva para descansar e compartir momentos especiais cos nosos seres queridos.
Dende o equipo directivo son moitos os agradecementos que temos que facer. Grazas ás familias, o seu apoio foi fundamental, a súa axuda é o piar do éxito dos seus fillos e fillas. Grazas á ANPA e Concello, sempre atentos coas nosas necesidades e dispostos a colaborar desinteresadamente. Grazas ao profesorado polo seu traballo, dedicación e paixón por esta marabillosa profesión; grazas ao resto de persoal do instituto (limpadoras, conserxes, administrativas), sen elas o día o día non sería posible.
E sobre todo grazas ao alumnado, o eixo ao redor do cal xira todo este pequeno universo. Pese aos pequenos conflitos que xorden na convivencia diaria, pensamos que cada un de vós está a aportar o seu pequeno gran de area á comunidade escolar, creando un espazo máis tolerante e amable. O profesorado do IES de Mos seguirá ao voso lado, acompañándovos no voso camiño educativo.
Boas vacacións!
Con cariño,
O equipo directivo do IES de Mos.
ESTATUTOS
anpa — Sáb, 2022-12-03 23:45
TAL E COMO SE ACORDOU NA REUNIÓN DO VENRES, 2 DE DECEMBRO, QUEDAN Á DISPOSICIÓN DOS MEMBROS DA ANPA, POR ESTE MEDIO DE COMUNICACIÓN, OS NOVOS ESTATUTOS POLOS QUE SE REXIRÁ A ASOCIACIÓN ATA QUE POLOS MOTIVOS QUE O REQUIRAN SE TEÑA QUE PROCEDER A UNHA NOVA RENOVACIÓN
ABALARMÖBIL
anpa — Lun, 2020-08-10 10:32
Na reunión que tivemos o 9 de xullo co equipo directivo solicitarónnos ás FAMILIAS:
QUE INSTALEMOS A APLICACIÓN “ABALARMÓBIL”,
para poder estar informados do que vai sucedendo ao longo do verán, qué medidas se van propoñendo, que coñezamos como se vai prantexar o novo curso,….
É o xeito máis rápido e doado de ter a información dende o minuto en que se publica, sin necesidade de estar nós pendentes, pois cada vez que hai unha nova nos chega un aviso; logo, SÍ, é responsabilidade nosa lela e levar a práctica o que se nos solicita como persoas implicadas. Neste caso concreto que estamos a vivir, intentar garantir a saúde dos nosos fillos e fillas e a de todas as persoas coas que se relacionan ao longo do día, familiares, compañeiros e compañeiras.
Aquí pódese descargar:
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |