O centro
Familias
Iniciar sesión
Articles
Escrito a inspección do claustro
admin — Mar, 2024-06-18 23:40
O claustro do IES de Mos firma a seguinte petición para mellorar as condicións educativas do centro.
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
anpa — Sáb, 2023-11-25 22:37
Terá lugar o vindeiro venres, 1 de decembro, ás 20:15 no salón de actos do I.E.S. de Mos.
Orde do día:
1- Lectura e aprobación da nova Xunta Directiva.
A educación do alumnado é tarefa de toda a Comunidade Educativa.
CONTAMOS COA TÚA PRESENZA
XESTIÓNS CURSO 2022/2023
anpa — Sáb, 2023-11-25 22:25
No curso que rematou as xestións desenvolvidas foron:
Participación na consecución do proxecto de ampliación do IES.
Apoio á Feira de Educación, que voltou ser un éxito e xa está recoñecida como referente da provincia.
Xestións para restaurar a normalidade do transporte no inicio de curso.
Autobús ExtremaMos.
Subvencións en saídas culturais do alumnado.
Magosto.
Vale de 6 euros, no Nadal, canxeable por un libro de lectura.
Representación teatral solicitada polo Departamento de Francés e Taller de Pedagoxía.
Orlas de 4º da ESO e Graduación de Bach.
Xestións en apoio ao equipo directivo para a modificación do horario.
Apoio na Escola de Familias, organizada polo IES.
ASEMBLEA XERAL ANUAL
anpa — Xov, 2023-11-09 23:14
O vindeiro venres, 17 de novembro, ás 19:45 en primeira convocatoria e ás 20:15 en segunda, terá lugar a asemblea xeral ordinaria no Salón de Actos do IES.
ORDE DO DÍA:
1- Lectura e aprobación da acta anterior se procede.
2- Estado de contas.
3- Renovación da Xunta Directiva.
4- Actividades desenvolvidas no curso anterior e as propostas para éste.
5-Rogos e preguntas.
A educación do alumnado é tarefa de toda a Comunidade Educativa.
CONTAMOS COA TÚA PRESENZA
BENVIDA AO CURSO 2023/2024
anpa — Lun, 2023-09-11 15:31
Dende o ANPA queremos darlles a benvida ao noso centro ao novo alumnado e desexarvos a todos un fantástico curso 2023/2024.
Lembrade que ANPA somos todos
É moi importante para un bo funcionamento do centro que todos nos impliquemos. A educación dos nosos fillos e fillas vai depender disto.
Faite socio ou socia e participa activamente.
FOLLA DE INSCRICIÓN
anpa — Mér, 2023-06-21 00:06
Para xustificar o pago do recibo, se non queredes imprimir, podedes enviar o recibo ao correo do anpa
anpaiesmos@gmail.com
ESCOLA DE FAMILIAS
anpa — Mar, 2023-02-07 13:03
UN ANO MÁIS O IES DANOS A POSIBILIDADE DE SEGUIR EDUCÁNDONOS NA LABOR DE SER NAIS E PAIS, POÑENDO A NOSA DISPOSICIÓN ESTAS XORNADAS CUNS CONTIDOS MOI VARIADOS E INTERESANTES.
ESTATUTOS
anpa — Dom, 2022-12-04 00:42
TAL E COMO SE ACORDOU NA REUNIÓN DO VENRES, 2 DE DECEMBRO, QUEDAN Á DISPOSICIÓN DOS MEMBROS DA ANPA, POR ESTE MEDIO DE COMUNICACIÓN, OS NOVOS ESTATUTOS POLOS QUE SE REXIRÁ A ASOCIACIÓN ATA QUE POLOS MOTIVOS QUE O REQUIRAN SE TEÑA QUE PROCEDER A UNHA NOVA RENOVACIÓN
CURSO 2022/2023
anpa — Dom, 2022-12-04 00:08
UN ANO MÁIS TEMOS COMEZADO O CURSO APOIANDO E BUSCANDO SOLUCIÓNS AO QUE VAI XURDINDO NO DÍA A DÍA DO NOSO ALUMNADO NO INSTITUTO.
SETEMBRO
ESTE CURSO, QUE XA SE CONTABA COA VOLTA A NORMALIDADE, VOLTAMOS A COMEZAR CON CERTOS INCONVINTES:
O ALUMNADO PROCEDENTE E EMPADROADO EN "O PORRIÑO" QUEDOU SEN A POSIBILIDADE DE EMPREGAR O SERVICIO DE TRANSPORTE ESCOLAR COMO VIÑA FACENDO DENDE A APERTURA DO IES, POR UN REAXUNTE NO NÚMERO DE AUTOBUSES.
DENDE O ANPA XESTIONOUSE A POSIBILIDADE DE FACER UN SERVIZO PARTICULAR PARA ESTAS RAPAZAS E RAPACES CON UN CUSTO ASUMIBLE POLAS FAMILIAS, DO QUE TAMÉN SE ESTÁ A FAVORECER O ALUMNADO DE BACHARELATO PRÓXIMO A ESTA ZONA.
POR OUTRA BANDA VOLTOUSE AO HORARIO DE XORNADA PARTIDA OS LUNS, NESTE CASO ESTAMOS APOIANDO AO EQUIPO DIRECTIVO NA BÚSQUEDA DUNHA SOLUCIÓN PARA VOLTAR AO HORARIO CONTINUADO, POIS CO DISPERSA QUE É A POBOACIÓN NO NOSO CONCELLO HAI RAPACES E RAPAZAS QUE APENAS DISPOÑEN DE 15 MINUTOS PARA XANTAR.
NOVEMBRO
COMO XA VEN SENDO HABITUAL COLABOROUSE NA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO APORTANDO AS CASTAÑAS E COLABORANDO NO SEU ASADO.
ASAMBLEA
anpa — Mar, 2022-05-10 16:56
ASAMBLEA XERAL
ESTE VENRES, DÍA 13 DE MAIO, TERÁ LUGAR A UNHA ASAMBLEA XERAL NO MULTIUSOS DAS POZAS ÁS 20:00.
ORDE DO DÍA:
1-PROBLEMAS COA EMPRESA DE TRANSPORTE MONBUS.
2-EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE 4º DA ESO.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA PARTICIPACIÓN.
A EDUCACIÓN DO ALUMNADO É TAREFA DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »