Skip to Content

CURSO 2023/2024

Curso 2023/2024

PARTICIPACIÓN DO IES MONTE DAS MOAS NO XIV OBRADOIRO E CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

O luns, 6 de novembo de 2023, o alumnado de 4º ESO A participou no XIV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica “A Maxia da Robótica e dos drons”. A actividade foi organizada por Igaciencia e o Concello da Coruña no IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña. A actividade estivo  promovida e desenvolvida polo Departamento de Tecnoloxía do noso centro.

Aquí tedes uns enlaces a uns videos desta xornada:

Video 1

Video 2

Video 3

 Video 4

Video 5

Video 6

Tamén tedes un ficheiro adxunto con algunhas fotografías da participación do noso alumnado.

 

 

 

PUNTO DE INFORMACIÓN XUVENIL NO IES MONTE DAS MOAS

 

O martes 24 de outubro de 2023 durante toda a xornada estivo instalado no noso centro un punto de información xuvenil itinerante nun programa desenvolvido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia. Grazas ao programa o noso alumnado puido coñecer de preto todos os recursos, programas e axudas existentes en materia xuvenil. Así mesmo, neste punto tamén se habilitou a activación do Carné Xove para persoas entre os 12 e os 30 anos de idade. 

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

O martes 24 de outubro conmemorouse na Biblioteca do noso centro o Día das Bibliotecas Escolares. 

"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender, lugares para descubrir, para encontrarse e convivir. A rede de bibliotecas escolares de Galicia leva moitos anos tecendo espazos de encontro nos que compartir experiencias e recursos, nos que conectar coa comunidade próxima ou a máis afastada, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida.

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

 

Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS , e  quere poñer o foco na importancia do cómic na formación do itinerario lector, a banda deseñada como un lugar no que encontrarse.

REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO "EL ESTUDIANTE DE SALAMANCA" POR TELÓN DE AQUILES E DIJO 4

 

O martes 31 de outubro de 2023 tiveron lugar no Salón de Actos do IES Monte das Moas sendas representacións da romántica e terrorífica obra de José de Espronceda "El estudiante de Salamanca". Os encargados de realizar as representacións foron o elencode actores e actrices, e os técnicos e técnicas, de "Telón de Aquiles", o grupo de teatro do noso centro, dirixido polo noso compañeiro Rafael Alonso Pica, acompañados polos músicos e músicas do noso grupo instrumental "Dijo 4", dirixidos polo noso compañeiro Juan José Dios Cañada. O alumnado do noso centro (diversos grupos de 2º, 3º, 4º de ESo e 1º de Bacharelato)  puido asistir a este clásico, moi oportuno en época do Samaín e de defuntos, co magnífica traballo de actores, actrices, técnicos, técnicas e instrumentistas, sabiamente dirixidos polos nosos compañeiros.

 

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO IES MONTE DAS MOAS

 

O martes 31 de outubro tivo lugar a tradicional celebración do Samaín no IES Monte das Moas, onde alumnado, profesorado e persoal non docente trouxeron ao noso centro as súas máis terroríficas galas.

En relación con esta celebración desenvolvéronse, como se indica noutras entradas das "Actividades do curso 2023-2024", no Instituto diferentes actividades promovidas polo Equipo da Biblioteca, o EDLG, e os grupos de Teatro e Música do noso centro: concursos, teatro, microrrelatos de terror, etc.

VISITA Á EXPOSICIÓN "SYMPHONY: UN VIAJE VIRTUAL AL CORAZÓN DE LA MÚSICA"

 

O alumnado de 2º de ESO visitou o día 24 de outubro de 2023 esta exposición, organizada por Caixaforum nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña. A actividade estivo promovida e desenvolvida polo Departamento de Música.

Symphony é unha experiencia inmersiva audiovisual que ofrece unha viaxe a través das emocións e a música co obxectivo de achegar a música clásica a todos os públicos. O alumnado puido vivir e entender a música clásica sentíndose como un músico máis dentro dunha orquestra.

A través desta experiencia única, disfrutaron das composicións de Beethoven, Mahler e Bernstein, da man do gran director de orquestra Gustavo Dudamel e dos máis de 100 músicos integrantes da prestixiosa Mahler Chamber Orchestra.

EXPOSICIÓN EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS ESCRITORAS.

 

 

O luns 16 de outubro celebrouse o Día das Escritoras cunha gran exposición, organizada polo Equipo da Biblioteca, o EDLG e os departamentos didácticos de linguas do noso Instituto,  cos traballos realizados por alumnado de galego, portugués, castelán e inglés. Son semblanzas persoais e textos que visibilizan a estas mulleres que non sempre teñen nos libros de texto o peso que se merecen.

Distribuir contido


by Dr. Radut