Skip to Content

CURSO 2023/2024

Curso 2023/2024

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA E Á CATEDRAL DE SANTIAGO DO ALUMNADO DE 3º DE ESO.

O 4 de marzo de 2024 desenvolveuse a visita ao Parlamento de Galicia, á Catedral de Santiago e ao casco vello de Compostela, organizada polos Departamentos de Xeografía e Historia e Relixión católica. Na actividade, ademais da visita ao Pazo do Horreo (sé do Parlamento de Galicia), percorreron a catedral, o Museo catedralicio e as cubertas da sé compostelá, tamén camiñaron polas rúas do casco vello de Santiago. 

SAÍDA AOS XULGADOS DA CORUÑA DE ALUMNADO DE 4º DE ESO.

O día 5 de marzo de 2024 tivo lugar a visita aos xulgados da Coruña de alumnado de Filosofía de 4º de ESO acompañados polos profesores do noso centro, Fran Carril Torreiro e Lola Figueiras Lestón, nunha experiencia moi interesante para este alumnado que observou unha parte da realidade da administración de Xustiza.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA, 23 DE FEBREIRO, E ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POEMAS E ILUSTRACIÓNS.

Co gallo do Día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, o EDLG e a Biblioteca organizaron unha exposición e un concurso de deseño ou decoración dun poema da ilustre poeta do noso Rexurdimento.

Parabéns a todo o alumnado participante e especialmente ás gañadoras!! 

Categoría 1ºBac

Astrid Daniela Molina Guerra (1º Bach A)

Carla Souto Duro (1º Bach B)

Sofía Calderón Iglesias (1º Bach B)

Alma Carneiro Medal (1º Bach B)

Categoría 3º ESO

Martina Ferrín Sabio (3º ESO B)

Paula González Portas (3º ESO B)

Andrea Abeledo (3º ESO E)

Rita Olga Ben Fernández (3º ESO C)

 

CLUBE DE ANIMACIÓN XAPONESA (ANIME) NO MONTE DAS MOAS.

Durante o presente curso 2023-2024, grazas ao magnífico labor da nosa compañeira Pilar Zapico Barbeito, desenvolvéronse as sesións do Clube de Animación Xaponesa (Anime) para alumnado de 2º de ESO do noso instituto. O alumnado disfrutou de películas, un futón enorme onde sentar e froita para eles, unha zona de exposición de comida e mangas traídos de Xapón, figuriñas, paíños de madeira para regalar e tamén bolechas de Anxos Fuciños personalizadas para cada un e Taoyakis (bolechas con forma de peixe) encargadas por Pilar a Xapón como regalo de benvida, tamén tiveron á súa disposición programas en cor das películas. 

 

 

 

 

FESTIVAL DE ENTROIDO EN MOAS.

 

 

O 9 de febreiro de 2024 desenvolveuse con gran participación da comunidade escolar no IES Monte das Moas o Festival de Entroido 2024 organizado coa colaboración do alumnado de 2º de Bacharelato.

Aquí tedes unha mostra fotográfica desta celebración. 

 

 

 

MASTERCLASS SOBRE FÍSICA DE PARTÍCULAS PARA ALUMNAS DE 1º DE BACHARELATO.

O venres 9 de febreiro tivo lugar unha Masterclass sobre Física de Partículas organizada pola IGFAE e pola Universidade de Santiago de Compostela.  Á masterclass, que se levou a cabo na Escola Técnica Superior da USC, acudiron tres alumnas de 1º de Bacharelato, Emma Buján Mouriño, Gabriela López Iglesias e Andrea Souto Pico, acompañadas pola nosa compañeira e profesora do Departamento de Física e Química, Eva Fernández Quintás.

 

EXPOSICIÓN NO MES DE FEBREIRO EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER E A CIENCIA, 11 DE FEBREIRO.

Durante o mes de febreiro de 2024 desenvolveuse no vestíbulo do noso instituto unha fermosa e ilustrativa exposición sobre importantes científicas organizada polos Departamentos de Ciencias (Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía) con traballos realizados polo noso alumnado.

A Asemblea Xeral declarou o 11 de febreiro Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel crave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía.

EXPOSICIÓN DUN MURAL NA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ.

O día 30 de xaneiro de 2024 conmemorouse o Día da Paz cun gran mural realizado por alumnado do noso centro. A actividade estivo organizada polo Equipo da Biblioteca e polo EDLG. Na actividade seleccionáronse novas sobre os conflitos do mundo. Fronte a elas, o noso alumnado da ESO decorou as súas mans con consignas de "Basta xa!", "Paremos isto!", "Queremos PAZ!"..., simbolizando o seu rexeitamento a todo tipo de violencia no mundo.

 Tamén se acompañou o mural dunha mostra de libros da Biblioteca relacionados co tema.

O Día Escolar da Paz celébrase cada 30 de xaneiro porque nese día, de 1948, foi asasinado Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas, por un disparo dun extremista.

 

VISITA AO GAIÁS DO ALUMNADO DE 2º DE ESO B e C PARA A EXPOSICIÓN HÁBITATS, NATUREZA ESTENDIDA.

O mércores 7 de febreiro de 2024 tivo lugar a visita á Cidade da Cultura de Galicia (O Gaiás) para asistir á interesante exposición con tecnoloxías 3D "Hábitats, Natureza estendida". O alumnado de 2º de ESO B e C estivo acompañado polos seus titores Pilar Zápico e Fran Carril, e realizou diferentes actividades na súa visita á exposición en tres dimensións sobre ecosistemas ameazados do mundo. A experiencia foi marabillosa, os alumnos estaban fascinados e quedaron moi concienciados para o seu traballo nas súas presentacións do Proxecto Interdisciplinar.

 

 

SAÍDAS AO REDOR DO IES MONTE DAS MOAS DO ALUMNADO DE 1º DE ESO CON STOP ACCIDENTES.

Para desenvolver o Programa educativo de "Mobilidade sostible e segura" do Plan Proxecta 2023/24, promovido polo Departamento de Orientación, o alumnado de 1º ESO, acompañados polos responsables de STOP Accidentes e profesorado do centro, realizou sendos percorridos, os días 5 e 19 de febreiro de 2024, polo entorno do noso instituto para detectar necesidades e facer suxestións de mellora. As conclusións e peticións do noso alumnado serán recollidas nun informe que será enviado ao Concello. 

Distribuir contido


by Dr. Radut