Skip to Content

Artigos de números anteriores

Os xardíns ao longo da historia

 

Este artigo nace a raíz da saída que o alumnado de da ESO realizou a París, en concreto baséase nunha actividade realizada nos xardíns de Versalles.

 

 

 

XARDÍNS CREADOS POLO HOME AO LONGO DA HISTORIA

 

 

 

 

XARDÍN ANTIGO

Xardín Exipcio

As primeiras mostras de xardíns antigos aparecen nas pinturas das tumbas exipcias 3000 anos A.C.Nelas pódese observar como existían pequenos xardíns no interior das casas cumprindo catro funcións: dar sombra, alimento, adorno  e botica.   

Xardín Grego

Son moi famosos os xardíns públicos de Atenas onde os mestres gregos impartían as clases de filosofía.

Xardín Romano

As persoas influentes de Roma tiñan uns xardíns no interior das casas chamados  “Hortus”, que como podedes imaxinar abastecíanos de alimentos e flores.

XARDÍN ISLÁMICO: fundaméntase na tradición anterior, pero sempre xirando en torno á importancia da auga e o deleite dos sentidos. 

XARDÍN MEDIEVAL: de dimensións modestas, dentro dos castelos e os mosteiros, pechados por  grandes muros (un reflexo tamén do momento histórico). Basicamente tiñan unha finalidade práctica de autoabastecemento, provocado polo illamento.

XARDÍN RENACENTISTA OU ITALIANO: cambian os tempos e tamén os xardíns coma xa ides vendo. A apertura mental deste período histórico fai que tamén os xardíns se abran progresivamente ao mundo exterior rompendo totalmente co período anterior, pero mantendo a simetría e as formas xeométricas. 

XARDÍN FRANCES: foi introducido polo xardineiro de Luis XIV. Unha das súas máximas expresións son estes xardíns onde estamos hoxe. É un xardín moi aberto permitindo unha visión de conxunto, que pode ser contemplada dende o pazo ou as terrazas, con amplos parterres, sebes perfectamente recortadas, fontes monumentais, onde as estatuas e os estanques xogan un papel importante; e por suposto os xogos de simetrías organizadas ao redor dun punto central  

XARDÍN ROMÁNTICO OU INGLÉS: nace como froito dunha nova corrente: o romanticismo, buscando unha maior inspiración na natureza. 

XARDÍN MODERNO: a introdución de xardíns nas grandes urbes, creando espazos verdes nas cidades, onde poder conxugar as construcións coa natureza. 

 

 

EXPLORADE VERSALLES!!!

TENTADE ATOPAR diferentes elementos coa vosa cámara de FOTOS

       Elipses

 

      Ángulos

     Parábolas

      Simetrias

     Elementos xeométricos

 

                                                    

 E calquera outro elemento matemático

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dia da Paz

SEMANA DA PAZ – 2011

Este ano, como é tradicional no IES de Meaño, celebramos a semana da Paz do 31 de xaneiro ó 4 de febreiro con varias actividades.

Durante varias clases os alumnos estiveron traballando durante as clases de Relixión, Historia das Relixións e Atención Educativa con noticias.

Divididos en grupos, estiveron seleccionando unha noticia que despois resumían, logo debían darlle a volta, é dicir, redactala en positivo, tendo como fondo a noticia real, tratar de elaborar unha “boa noticia” desas que non abundan nos xornais.

Todo este traballo expúxose o venres día 4 de febreiro durante as dúas últimas horas no pavillón. Léronse un total de 34 noticias e de cada grupo saían dous representantes. Un alumno lía a real e outro a inventada.

Esta actividade estivo precedida durante toda a semana pola participación dos alumnos que forman parte da radio escolar. Ó longo deses cinco días, aproveitáronse os quince minutos de lectura e durante a terceira hora, os alumnos foron facendo exposicións de varias personaxes célebres.

O departamento de Relixión seleccionou estes:

Luns: GANDHI, figura sobre a que xira todas estas manifestacións e celebracións da xornada da Paz.

Martes: beata TERESA DE CALCUTA

Mércores:  MARTIN LUTHER KING

Xoves: ONG “MÉDICOS SEN FRONTEIRAS”

Venres: Coloquio sobre Que é a paz?

Ese día, 4 de febreiro, foi cando se fixo a exposición das noticias.

Unha vez lidas, un grupo de alumnos de primeiro, terceiro e cuarto interpretaron e cantaron en francés a canción “ Vais sur ton chemin” da película “Os nenos do coro”.

Con isto púxose fin á semana da Paz no IES de Meaño.

 

 

 

 

Ricardo Frazer (Departamento de Lingua e Literatrua Castelá)

 

RICARDO FRAZER: Por Miguel Severino Frieiro Curra. 

Os alumnos e alumnas de 4º e 3º da ESO realizaron unha visita ó teatro de Pontevedra. Nesta actuación presenciamos a un gran profesional: Ricardo Frazer. Xamais asistira a unha representación tan impactante,  aquel home recitou os poemas de Pablo Neruda, Miguel Hernández… cun sentimento tal,  que a moitos dos meus compañeiros e a min entráronnos gañas de chorar. Ricardo Frazer é un gran actor, demostrouno representando a Dalí e outras personaxes. Durante a súa actuación apareceron elementos ¨máxicos¨: unha xerra que sempre botaba auga, unhas plantas das que brotaban flores de súpeto…

En definitiva, nós tivemos a oportunidade de ver actuar a un home comprometido co seu traballo, que sabe combinalo con humor e que decidiu renderlle unha homenaxe á xeración do 27.

    

                Ricardo Frazer


 

Un dos poemas recitados por Ricardo Frazer:

 

Yo quiero ser llorando el hortelano
de la tierra que ocupas y estercolas,
compañero del alma, tan temprano.

Alimentando lluvias, caracolas
y órganos mi dolor sin instrumento,
a las desalentadas amapolas
daré tu corazón por alimento.
Tanto dolor se agrupa en mi costado
que por doler me duele hasta el aliento.

Un manotazo duro, un golpe helado,
un hachazo invisible y homicida,
un empujón brutal te ha derribado.

No hay extensión más grande que mi herida,
lloro mi desventura y sus conjuntos
y siento más tu muerte que mi vida.

Ando sobre rastrojos de difuntos,
y sin calor de nadie y sin consuelo
voy de mi corazón a mis asuntos.
Temprano levantó la muerte el vuelo,
temprano madrugó la madrugada,
temprano estás rodando por el suelo.

No perdono a la muerte enamorada,
no perdono a la vida desatenta,
no perdono a la tierra ni a la nada.

En mis manos levanto una tormenta
de piedras, rayos y hachas estridentes
sedienta de catástrofes y hambrienta.

Quiero escarbar la tierra con los dientes,
quiero apartar la tierra parte a parte
a dentelladas secas y calientes.

Quiero minar la tierra hasta encontrarte
y besarte la noble calavera
y desamordazarte y regresarte.

Volverás a mi huerto y a mi higuera:
por los altos andamios de las flores
pajareará tu alma colmenera

de angelicales ceras y labores.
Volverás al arrullo de las rejas
de los enamorados labradores.

Alegrarás la sombra de mis cejas,
y tu sangre se irá a cada lado
disputando tu novia y las abejas.

Tu corazón, ya terciopelo ajado,
llama a un campo de almendras espumosas
mi avariciosa voz de enamorado.

A las ladas almas de las rosas
del almendro de nata te requiero,
que tenemos que hablar de muchas cosas,
compañero del alma, compañero.

Elegía a Ramón Sijé de Miguel Hernández

 

 

A opinión do alumno Francisco García Vázquez:

Este pasado ano 2010 fomos ó teatro a presenciar un monólogo interpretado por Ricardo Frazer que incluía diferentes textos de autores da xeración do 27.

Teño que comentar que nesta representación homenaxeábase de xeito especial a Miguel Hernández polo centenario do seu nacemento, poeta da xeración do 27 para algúns e só amigo da xeración para outros.

Os textos interpretados na obra foron” La zapatera prodigiosa” (fragmento) de García Lorca, “Mi primer poema” de Pablo Neruda “, Elegía” de Miguel Hernández e “Escuela “ de León Felipe.

Cómpre resaltar que no medio das distintas lecturas representáronos uns textos de Dalí, nos que se reflectía a fala e o comportamento do artista na súa vida persoal.

Tamén tivemos a oportunidade de escoitar unha canción de Serrat “Saeta de Machado” que lle deu un toque máis dinámico.

Teño que destacar que os aspectos máis positivos da obra foron a expresividade na maioría dos textos e, ademais das cancións, uns cantos trucos de maxia e humor, que, en xeral, facían que a obra fose máis amena e divertida.

O único aspecto negativo que resaltaría é a representación da obra “La zapatera prodigiosa” non alcanzaba a exquisita representación das demais ó intentarlle dar un toque demasiado cómico.

A saída foi en xeral moi positiva e resaltaría o aspecto didáctico da mesma.

 

Francisco García Vázquez

 

Outra vez "Gatacca"

Outra vez Gattaca

 

Como  o pasado curso, dentro da materia Pornovideo de Bioloxía volvemos a visionar a película Gattaca, relacionada cos estudos de xenética que se desenvolven en 4º ESO.

De entre as opinións recollidas gustounos a da alumna Rocío Rodríguez (4º B) que a continuación vos expoñemos:

“Dende o meu punto de vista, Gattaca é unha película moi interesante, bioloxicamente falando e, ao mesmo tempo é moi divertida e entretida. Quero destacar estes dous aspectos, xa que é difícil atopar unha película que os cumpra.

Gattaca contén múltiples referencias ao mundo da xenética, ben sexa a través de aspectos como pode ser a escaleira de caracol que comunica o primeiro e o segundo piso da casa do noso protagonista; ben cos comportamentos deste, o coidado que el tiña de non deixar nada, que xeneticamente o puidesen descubrir ou identificar; ben a menciña, se así se lle pode chamar ás repetidas operacións necesarias para a transformación; toda a electrónica empregada,…

Persoalmente estou moi contenta de poder gozar dunha experiencia tan interesante, como foi ver esta película, pois Gattaca reflicte claramente as arelas, as ganas, as ansias de superación por parte do protagonista.

É moi triste ver como a  sociedade do futuro tan só busca un individuo perfecto e, ata chegar ao punto de catalogar aos seres humanos como válidos ou inválidos, sen ter en conta que todos somos persoas e non nos deben discriminar polos defectos ou virtudes que poidamos ter. É aquí onde xoga un papel fundamental o amor, pois este é o sentimento que todo o pode, e polo cal estás disposto a facer verdadeiras tolerías e confiar cegamente na persoa á que amamos.

Podemos afirmar entón que o fenotipo é igual á xenética máis o ambiente, e este condiciona moito o fenotipo, como queda na película de manifesto.

E, sobre todo o que máis importante me parece e, co que verdadeiramente nos debemos quedar, é isto: “Todo aquilo que queremos alcanzar, se queremos, podemos”.

Porque a Real Academia define imposible como algo que non ten facultade, nin medios para chegar a ser ou suceder, e define improbable como algo inverosímil, que non se funda nunha razón prudente.

Postos a escoller, a todos nos gusta máis a improbabilidade que a imposibilidade, porque a improbabilidade doe menos, e deixa unha fenda á esperanza; que o noso protagonista e a rapaza astronauta se namorasen era improbable, pero sucedeu. Tamén cando se desatou toda a busca para atopar ao responsable da morte do capitán, non descubrisen a verdadeira identidade do protagonista, era improbable pero sucedeu; o amor, as relacións, os sentimentos, os soños… non se fundan nunha razón prudente.

Por iso non me gusta falar de soños imposibles senón de soños improbables. Porque o improbable é por definición probable, porque o que é case seguro de que non pase é o que pode pasar… Mentres haxa unha posibilidade, media posibilidade entre un millón, vale a pena intentalo!!!

UN EXPERIMENTO SINXELO PARA NON ESQUECER LAVAR AS MANS

 

UN EXPERIMENTO SINXELO PARA NON ESQUECER LAVAR AS MANS

 

Esta información está baseada nun artigo de xornal publicado en La Voz de Galicia o día 30 de xaneiro de 2011.

“ Os alumnos do Instituto de Meaño non esquecerán a partir deste experimento o importante que é manter unha boa hixiene persoal para evitar o contacto con  perigosas.

O experimento está relacionado coa temática do programa ambiental de Voz Natura, impulsado pola fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e que está relacionado coa auga.

A profe Ángela, responsable da realización desta actividade realizou unha serie de actividades nas que figura unha encamiñada a desvelar o importante que resulta lavar as mans.

No centro confeccionaron un panel no que se explican as motivacións deste hábito imprescindible, pero ademais puxeron en marcha un experimento que o deixa moi claro.

En colaboración con Voz Natura, fixéronse cuns recipientes chamados placas Petri, nos que colocaron un medio de cultivo que permite que medren as bacterias.

Con este material, puxéronse mans a obra para levar a cabo esta práctica.

Cada alumno das clases participantes recibiu dúas desas placas. Sobre unha delas imprimiron as xemas dos seus dedos antes de lavalas. Sobre a outra apoiaron as súas mans unha vez pasadas por debaixo da billa.

Os recipientes foron colocados despois cerca dunha fonte de calor e ao cabo de poucos días puideron comprobar os resultados: nas placas nas que puxeron as mans sucias medrarán todo tipo de microorganismos, mentres que as outras lucían limpas.

Outra iniciativa na que participaron os alumnos de 1º curso, consistiu en  medir o caudal de auga da billa e estimar o consumo diario no instituto, o que lles permitiu darse de conta da enorme cantidade de líquido que se gasta cada día.

Agora estamos pendentes de recibir uns reloxos de area que marcan cinco minutos, aos que se lles colocará un soporte e cada alumno levará un para o seu domicilio.

A idea é que os peguen nos azulexos do baño para controlar o tempo que empregan na ducha diaria.

Iso nas súas casas pero tamén no centro se colocaron carteis para non esquecer a importancia do aforro da auga.

O traballo completouse coa busca de información sobre a auga desde distintos puntos de vista.

Cómpre lembrar ademais que o  IES de Meaño tamén participa no Proxecto Ríos, observando anualmente un tramo do río da Chanca ao que nos desprazamos cada ano para confirmar o estado da auga e da flora e fauna, elaborando un informe cos datos que se recollen.

Continúase tamén traballando na reciclaxe e no xardín, que este ano debido ás obras no primeiro trimestre, foi un pouco estragado.

 

Polo que hai que traballar moito para recuperar a horta!!!”

 

 

A orixe dalgunhas tradicións navideñas (Departamento de relixión)

DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN

ORIXE DALGUNHAS TRADICIÓNS NAVIDEÑAS

 

Badaladas e  uvas Tradición  de fin de ano exclusivamente española. Remóntase a 1909, cando nese ano a colleita de uva foi tan boa que houbo moito excedente e para non tirar a uva os colleiteiros idearon regalalas na fin de ano. Deste xeito a tradición arraigou no noso país.

 

Lotería- Creada en 1763 polo marqués de Esquilache, un siciliano que foi ministro de Carlos III. O primeiro sorteo de Nadal celebrouse o 24 de decembro de 1818 xa co sistema de lotería de billetes. Os nenos do colexio de San Idelfonso cantan os números e os premios dende hai máis de 225 anos.

Roscón de Reis- A partir da Idade Media, sobre todo en Francia, celébrase dita festividade para cristianizar o costume pagán de elixir “un rei de festa invernal”.

A rosca era de pan doce, adornada con froitas confeitadas, na que se agochaba unha faba, cambiando máis tarde por unha figuriña.

O roscón fíxose popular en España con Filipe V.

Reis Magos- A súa orixe é persa. O día da Epifanía era moi importante xa que marcaba o inicio do  ano novo (tradición que conserva a igrexa ortodoxa). Os evanxeos  falan duns magos de Oriente que seguían a unha estrela. O título de reis data do século VI e sinalaba que eran 12. No século VII comezou a falarse en latín de Melchor, Gaspar e Baltasar e representaban as tres razas coñecidas:europeos, asiáticos e africanos.

Cientificamente dita estrela parece ser a conxunción dos planetas Xúpiter e Saturno.

Papá Noel- Personaxe extraído da lenda de San Nicolás, un bispo que ía polos lugares regalando xoguetes ós nenos.

Os países protestantes cambiaron este conto católico en Papá Noel, que era delgado e ía vestido de verde, ata que Coca-Cola usou a súa imaxe para un anuncio e converteuno nun barrigudo de barba branca vestido de vermello, viaxando nunha zorra tirado por renos.

En EEUU xurde o nome de Santa Claus por ser a palabra coa que se chama ós personaxes relixiosos que dan regalos.

No 1927, un locutor de radio finlandés inventou o fogar de Papá Noel: no Círculo Polar Ártico, alí onde recibe as cartas de millóns de nenos.

 

CERNA DURA DIXITAL - Nº 1

No seguinte enlace tedes o nº 1 do ano 2008 da versión dixital da revista Cerna Dura.

Distribuir contido


by Dr. Radut