Licitación cafetería do centro
Con data de 28/10/2024 publicouse no PERFIL DO CONTRATANTE DA PLATAFORMA DE CONTRATOS DE GALICIA (www.contratosdegalicia.gal a licitación para a “Contratación da concesión dos servizos da cafetería do IES de Meaño, durante os cursos 2024/2025 e 2025/2026 mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria”.
No perfil do contratante atópase toda a información e a documentación para poder presentarse á licitación a través do SILEX (http://www.conselleriadefacenda.es/silex).
O prazo para a presentación de ofertas remata o 26/11/2024 áS 14:00 H.
O contrato será para os cursos académicos 2024/2025 e 2025/2026, coa
posibilidade de prórroga por outros 2 cursos académicos máis.
Para calquera dúbida sobre os mesmos, poden poñerse en contacto co Servizo de Programación e Contratación ou co Servizo de Apoio aos Servizos complementarios nos seguintes teléfonos: 986805906, 986805905, 886206619, 986805951, ou no correo electrónico:
contratacion.pontevedra@edu.xunta.gal
Un saúdo
A dirección