Aprendizaxe e Servizo a comunidade
No IES de Meaño realizamos todos os anos unha actividade de APS (Aprendizaxe e servizo á comunidade) para concienciar ao noso alumnado da importancia da labor social.
Este curso, a actividade está enmarcada no proxecto“O Meaño que queremos” e consistirá na fabricación e colocación de trampas para velutinas e a limpeza dos roteiros do Río da Chanca.
PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
Mércores 19/04/23 de 9.30h a 15.10h
Participará todo o alumnado e convidamos a todas ás familias que queiran participar.
O alumnado irá provisto de guantes que lle proporcionaremos no centro, ademais o centro repartirá bolsas para o lixo.
O alumnado debe levar calzado axeitado e algo para merendar.
O alumnado desplazarase en autobús ata os puntos de partida da ruta.
DISTRIBUCIÓN:
1º e 2º ESO - Ruta Muiños de Lores-Pasales: 5 km. Limpeza dos roteiros.
3º e 4º ESO -Ruta Cementerio Simes Meaño-Pasales8 km. Colocación das trampas para velutinas (alí onde o indique o operario da mancomunidade) e limpeza dos roteiros.
Horario aprox:
9:30 a 10:15h: Saída de 3º e 4º cara o Cementerio de Simes - Pasales: ruta de 10:30 a 13:30 h
10:30 a 11:15: Saída de 1º e 2º cara os Muiños de Lores - Pasales: ruta de 11:30 a 13:30 h
13:30h: Merenda e xogos nos Pasales
14:45h: Volta camiñando para o centro
15:10h : Retorno aos domicílios.
Un saúdo
A Dirección