Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/23

20/04/2022
Ven de publicarse a "listaxe provisional de alumnado admitido e excluído" no IES de Meaño para o vindeiro curso 2022/23 e  pode consultarse  como indican as instrucións sobre o proceso de admisión de dous xeitos:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

P.D. Lembrar que o alumnado que fixo a reserva de praza(centros adscritos) non se ve afectado por este proceso de admisión, e se xa estaba admitido non vai aparecer nesta listaxe.

Un saúdo 

A Dirección

 

 24/02/2022

Logo de realizado o proceso de reserva de prazas para os centros adscritos ao IES de Meaño, pódese consultar o  número de prazas ofertadas por este centro para o curso 2022/23, e as intruccións para o proceso de solicitude de admisión, necesario só para alumnado de centros NON adscritos ou que se incorporen ao sistema educativo. 

 Pódese consultar NO CENTRO ou na aplicación Admisioalumnado a listaxe  de admitidos da reserva de praza (CENTROS ADSCRITOS) para o curso 2022/23 do IES de Meaño.

 Recordamos que se poderá solicitar a admisión  do 1 ó 22 de marzo de 2021.

 

Un saúdo

A Dirección



page | by Dr. Radut