Skip to Content

PLAN DE ADAPTACIÓN A SITUACIÓN COVID DO IES DE MEAÑO

BO DÍA A TOD@S:

É certo que estamos a vivir unha situación de Pandemia mundial que está a provocar situacións dramáticas  que ningúen quixera vivir  e a mudar o noso xeito de vida e iso non algo doado de asumir.
Dende a comunidade educativa do IES de Meaño levamos tempo traballando, e seguiremos facendoo, para conseguir dous obxectivos fundamentais:
  1. Concienciar a toda a comunidade educativa da necesidade da colaboración de todos para  facer do IES de Meaño un entorno o máis seguro posible(a seguridade ao 100% non existe) para frear a transmisión do virus Covid19.
  2. Acadar que o noso alumnado poida continuar nas mellores condicións pedagóxicas posibles o seu proceso de ensino-aprendizaxe.
Froito deste traballo achegamos hoxe a comunidade educativa o:
 
 
 
 
Trátase dun documento aberto, que poderá sufrir modificacións, xa que por unha banda,  quedan aspectos por determinar dado que a administración educativa todavía non nos trasladou toda a información necesaria para poder concretar máis o documento, e por outra banda o feito de darlle publicidade a este borrador ten por obxecto que a comunidade educativa(profesorado, alumnado, familias, persoal non docente, etc.) poida facer, se o considera oportuno, aportacións ao documento que será analizadas polo Equipo Covid do centro e en caso de consideralas oportunas integradas ao documento.
 
As vosas aportacións facédeas chegar ao correo do centro :     ies.meanho@edu.xunta.es
 
 
Tamén achegamos o Plan de Continxencia"
 
Nos vindeiros días iremos ampliando a información de cara ao inicio do curso, e concretando o Plan de adaptación e os seus anexos.
 
Un saúdo e moito ánimo
 
A Dirección e o Equipo Covid.


page | by Dr. Radut