Skip to Content

Fondo de Libros: Listaxes Provisionais Curso 2020/21

 FONDO LIBROS 2020_21 - LISTAXE PROVISIONAL

 A liistaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto xa está `publicada e pode consultarse no taboleiro do centro ou a través da web  Fondolibros

De acordo coa normativa, dispoñénse de dous días para facer alegacións ós datos publicados.

Aclaracións:

  1. Na listaxe poderán ver o número de libros que o centro lle vai asignar en Setembro, pero non as materias dos libros que se lle van a asignar, polo que de momento NON deben mercar ningún libro, si é que aparecen na listaxe provisional de Admitidos.
  2. Ata mediados  de Setembro non sairán as listaxes definitivas, co número de libros asignados e as materias dos libros.
  3. O alumnado que aparece como "Condicionado a existencia de matrícula e/ou devolución de libros", é porque todavía non devolveu todos os libros xa que  ten materias para setembro ou porque todavía non realizou o proceso  de matrícula para o vindeiro curso.
  4. O alumnado que aparece na listaxe como "Pendente das existencias de setembro", é alumnado o que non lle corresponden Libros do fondo de libros, pero que se  en setembro sobrasen exemplares no centro, a aplicación informática que xestiona o Fondo de Libros, lle podería asignar algún libro a este alumnado. Pero de novo isto non o saberemos ata que saian as listaxes definitivas
  5. Dado que  alumnado de 1º ESO  e 2º ESO  participa no proxecto de educación dixital da consellería (E-Dixgal) polo  que  están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto, o entender a consellería que xa se lle asignan os libros dixitais. De todos xeitos, dende o centro,repartiremos as existencias do fonfo de libros do centro, ata esgotar existencias, entre o alumanado, mediante sorteo tal e como se aprobou no Consello Escolar.
  6. OS VALES PARA  AXUDAS DE MATERIAL SERÁN ENTREGADOS EN SETEMBRO UNHA VEZ XERADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS

 

RECOMENDACIÓN: DE MOMENTO NON MERCAR NINGÚN LIBRO ATA SETEMBRO

Un saúdo

A Dirección



page | by Dr. Radut