Skip to Content

CAMBIO DE HORARIO CURSO 2016-2017

CAMBIO HORARIO CURSO 2016-2017.

O horario do IES de Meaño de cara ó vindeiro curso 2016-2017 verase alterado dous dos cinco días da semana na saída dos alumnos que o farán 35 minutos máis tarde do que o viñan facendo ata o de agora, desta maneira os dous módulos horarios que completan a carga horaria do alumnado de ESO pasan dunha tarde a dúas mañás.

Este cambio prodúcese, primeiro, para adaptar o horario ó que ten o Centro de Primaria co que o noso alumnado comparte transporte.

E segundo porque a tarde, a nivel académico, resultaba sumamente inproductiva e non permitía a boa parte do alumando poder compaxinar os seus estudos con outras actividades extrescolares.

Este cambio non foi posible confirmalo ata datas recentes polo que non se poido informar con anterioridade.

O horario será o seguinte:

LUNS: de 8:45 a 15:10

MARTES: de 9:00 a 14:35.

MERCORES: de 8:45 a 15:10

XOVES: de 9:00 a 14:35.

VENRES: de 9:00 a 14:35.

 

A DIRECCIÓN.



story | by Dr. Radut