Skip to Content

O meu paso polo instituto. Alumnos de 4º A

PEQUENO DISCURSO DOS ALUMNOS DE 4º ESO NO ACTO DE FINAL DE CURSO 2010-2011

Bos días a  todos!

Somos os alumnos de 4º ESO e queremos dicirvos unhas palabras de como foi o noso paso polo IES.

Como vedes, somos os máis veteranos porque algún de nós levamos aquí seis anos e outros cinco.

Cando chegamos ó centro eramos, como non, os máis pequenos, pero non tan pequenos como os que chegan aquí estes últimos anos.

Hoxe gustaríanos recordar a algúns profesores que xa forman parte da nosa vida: a nosa primeira directora foi Mar, a quen non todos coñecedes, pero si ó noso querido Josevi  que nos fixo pasar moitos momentos bos sobre todo en París, viaxe que nunca esqueceremos.

Tamén recordamos a Ricoy, Mónica, Mari Carmen Mouriño, Carlos, Cruz, Lucía (da que non esquecerei a súa frase: Carlos, que xa nos afeitamos!), Anne, Ángela, Ana Sueiro (a nosa titora durante dous anos), Jean Marc, Antón, Esperanza, Don Benito, Joaquina, Lolo, Mercedes, Darío, Ainhoa, Alfonso, Fernando, Susana, Cristina (que teña sorte co seu bebé) e como non de María, a profe de Física e Química, “a máis mala”,…

Nestes anos algúns colleron noiva como S…., outros deixaron o pelo longo coma min, todos gañamos altura, volvémonos máis guapos/as,…

Se queredes ver este cambio acudide ás fotos dos nosos primeiros anos….

Agora estamos aquí todos con 17 anos, menos a “avoíña” que é Paula que ten 18 anos e xa a podemos denunciar se nos pega…

Hoxe estamos contentos porque facemos un punto e aparte na nosa vida, pero estamos algo tristes porque non queremos deixar estas catro paredes de cemento que tan bos ou malos recordos nos deron.

Como sabedes somos un grupo especial, porque estivemos xuntos dous anos e non sempre pasa iso.

Esperamos conservar esta amizade entre nós e cos profesores, e temos o desexo que nuns anos seremos administrativos, informáticos, deportistas, panadeiros ou empresarios.

Como hoxe é véspera de San Xoán seguro que queimaremos os apuntes, cadernos e libros que tanta dor de cabeza nos deron, pero non queimaremos os nosos recordos vividos aquí.

Resaltamos a espléndida viaxe que fixemos a París e tamén os momentos inesquecibles aquí vividos: excursións, partidos de alumnos contra profesores, miles de horas de clase, premios especiais como o da froita, entroidos con camión de bombeiros, a mariscada que lle debemos a profe María e miles de cotilleos e risas durante estes anos.

Moitas grazas por estar tan caladiños e unha forte aperta a todos:

Carlos, Paula, Sergio, Rafa, Torcuato e Marta.

 

 



story | by Dr. Radut