Skip to Content

A pegada ecolóxica

 

ACTIVIDADES DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, como sabedes, denegáronnos a axuda que anualmente se concedía a este centro para poder desenvolver tódalas actividades realizadas ó longo do ano.

Por iso, as actividades da Semana das Letras Galegas reducíronse considerablemente.

O venres 13 de maio o profesor da USC na facultade de Bioloxía, no departamento de Edafoloxía, Xabier Pontevedra Pombal, acudiu ó centro para dar unha charla sobre a pegada ecolóxica.

Este concepto foi creado hai pouco menos de vinte anos polos científicos William Rees e Mathis Wackernagel.

A pegada ecolóxica é un valor que permite indicar o conxunto de impactos que unha comunidade humana (cidade, país, persoa, etc…) exerce sobre a contorna.

Exprésase cun número que representa a superficie teórica (en hectáreas) que sería necesario para empregar tanto para producir os recursos consumidos como para absorber os residuos xerados.

É dicir, que incluiría a superficie utilizada para obter os cultivos, bosques, pastos, pesca, instalacións urbanas, xestións de residuos, etc. para manter a comunidade humana.

A actual pegada ecolóxica media mundial é de 2,7 hectáreas por habitante.

Pero este valor suaviza as grandes diferenzas entre países, pois mentres que un estadounidense pode ser de 11,9  a dun habitante de Bangladesh queda en 0,5.

Pero se estes datos os traspasamos a España a súa pegada ecolóxica é de 6,4 ha. Como sabemos que a superficie dispoñible por habitante é de 2,4 ha., podemos calcular mediante unha resta sinxela que temos un déficit ecolóxico de 4 ha.

 



story | by Dr. Radut