Skip to Content

Opinión de Andrea Nicole

A OPINIÓN DUNHA ALUMNA LECTORA

 

A biblioteca do instituto, durante a semana do Samaín, convértese nun lugar de reunión escuro e tenebroso, para escoitar relatos de terror, lidos por alumnos e alumnas que se ofrecen voluntarios.

 

Eu son unha desas alumnas e ler na biblioteca foi todo unha experiencia:

 

Chegas ao atril que alí se atopa, esperas a que chegue toda a xente que desexa escoitar o relato, péchanse as portas e todo é escuridade ó teu redor.

Só dúas candeas iluminan o teu relato, comezas a ler, as verbas enchen a sala, segue a historia e comeza a intriga, remata a acción e os aplausos dictan o final da historia.

 

Ler na biblioteca neses días é gratificante posto que toda a xente olla para ti e está pendente do que dis e ti estás satisfeita de que lles guste.

  

Andrea Nicole Tilve Dovalo.4º B



story | by Dr. Radut