Skip to Content

Gañador 1º ciclo

A maternidade da morte

 

Por Martín Carramal Meis (1º A)

 

 

Corre o ano 1005 nun lugar chamado Milinus (actual Meaño). Uns campesiños cavan un buraco a toda présa nun bosque. Queren enterrar unha caixa negra con tres fechaduras e cinco cadeados. O contido da caixa, un fillo da morte, tan perigoso e cruel que ata a propia morte temía. Destruía e queimaba vilas enteiras, os seus secuaces cortaban extremidades e, antes de matar a unha persoa, arrincábanlle cuns pauciños os ollos que logo comían eles. Os campesiños fixeran un trato coa mesmísima morte. Acordaron tenderlle unha trampa que finalmente funcionou. O fillo da morte encontrábase capturado nunha caixa negra nun bosque.

 

Actual Meaño. Ano 2008. Nunha escavación para a construción dun edificio atopan unha caixa negra. Ao abrila descobren que se encontra baleira.. Pero en realidade acaban de liberar ao fillo da morte. Así, o fillo da morte comezaba o seu reinado de terror no edificio do Concello, onde, tras escoitar uns ruídos, se produciu unha gran explosión que tira abaixo o edificio. En total, corenta vítimas. Ao día seguinte, cando un camión cisterna de gasolina atravesa a ponte que cruza a autovía, explota tirando a ponte. Máis tarde, cando o autobús de Simes se dirixía cara ao instituto sentiuse un gran ruído. Acababa de atropelar á morte, que acababa de falecer cando se dirixía a provocar unha explosión no centro que tirase o edificio.

 



story | by Dr. Radut