O IES Maximino Romero de Lema pecha o programa de actividades arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa exposición itinerante Elvira López Mourin. Unha enfermeira de altura que acollemos no noso centro durante esta semana e que desvela a historia da enfermeira de Lugo que foi pioneira no desenvolvemento da enfermería española e na defensa dos dereitos das mulleres. A mostra veu acompañada dunha charla que se desenvolveu hoxe ante o alumnado de 1º Bacharelato e de 3º ESO.
Comezou o acto coa intervención de Isidoro Rodríguez Pérez, presidente da Academia de Enfermería de Galicia, que se centrou na traxectoria vital e profesional de Elvira López Mourín, unha das cinco mulleres que formaron parte da primeira promoción de enfermeiras profesionais da Cruz Vermella Española, e que non lle resultou nada fácil pois proviña dunha familia moi humilde. En 1921 ingresou como enfermeira militar no Hospital de Melilla en plena guerra de Marrocos, e foi a primeira en participar, voluntariamente, nun voo sanitario da Aviación Española tendo que cruzar territorio inimigo de noite e nun rasante no conflito bélico do RIF en 1922. Lembremos que nese momento as mulleres tiñan prohibido participar nun voo militar, pero a súa firmeza fixo que puidese participar; iso si, despois de deixar por escrito que asumía toda a responsabilidade. Conségueo e durante toda a noite atende a centenares de feridos.
A fazaña de auxilio de Elvira López convértea nunha heroína que foi recoñecida no seu momento nos medios de comunicación e incluso foi recibida polos propios reis Alfonso XII e Victoria Eugenia. Pero a partir da guerra civil o seu acto heroico quedou no esquecemento como lle sucedeu a moitas outras mulleres. Un exemplo máis da discriminación das mulleres.
Na segunda parte da charla Lourdes Bermello López, presidenta do Colexio Oficial de Enfermería de Lugo, destacou o labor desta enfermeira como un exemplo de loita polos dereitos das mulleres. Partindo do estigma de ser filla de nai solteira e malia todos os atrancos da época demostrou que era posible a emancipación da muller. Elvira foi unha muller moderna, representou un modelo da muller alternativo ao que predominaba na sociedade da súa época, circunscrito ao fogar, ao coidado da familia.
Agradecémoslles aos dous investigadores que se achegaran ao noso Centro para descubrinos este referente feminino descoñecido para a gran maioría de nós; tamén lles damos as grazas polo agasallo de varios exemplares do libro no que se homenaxea a Elvira Mourín. E como non, ao Colexio de Enfermería de Lugo pola súa boa disposición para que puidesemos acoller a exposición.
O alumnado de 3ºESO recibiu hoxe unha charla do progama Eduemprende: Finanzas para mortais da man do director do Banco Santander de Baio e do director de zona da mesma entidade bancaria. Comezaron explicando conceptos básicos como o aforro (como abrir unha conta bancaria, titularidade e persoas autorizadas, comisión e intereses, persoa física-xurídica...). Tamén informaron sobre os distintos tipos de tarxetas de crédito e o seu funcionamento, así como dos caixeiros automáticos e a banca online. Proporcionaron consellos e medidas de protección fronte a posibles fraudes.Finalmente fixeron alusión de xeito moi sinxelo a letras do tesouro, bonos, fondos de inversión...
Nas vindeiras semanas pecharemos esta formación cunha segunda xornada informativa. Todos debemos concienciarnos da importancia sobre a formación básica en finanzas para que as persoas poidan tomar decisións financeiras libres, informadas e seguras.
Entre o alumnado hai quen sabe perfectamente a que quere dedicarse de maior, pero moitos deles están perdidos, desorientados e desconectados dese futuro aínda remoto.
Por iso quixemos que os nosos e as nosas estudantes de 3º e 4º ESO participaran do programa da Xunta a través do cal se lles achega experiencias de éxito de profesionais que dedican o seu día a día a actividades que lles apaixonan. Durante dúas sesión participaron dun coloquio cos emprendedores, Pablo Castiñeira Olveira, autodidacta do mundo de internet que hoxe traballa para Inditex, e Manuel Alexandre Rivas Solla,dedicado á xestión cultural da súa empresa. Ambos contáronlles a súa experiencia no ámbito de formación, na incorporación ao mercado laboral e a súa experiencia de vida.
Un obradoiro moi práctico e dinámico e que lle permitiu ao alumnado reflexionar sobre o concepto de éxito, de fracaso, da importancia do esforzo, de potenciar as habilidades persoais para acadar metas profesionais… Aconselláronlles que perseguirán o seu soño malia a oposición de familiares, que o seu futuro é só deles, que gozasen sempre do que fixesen e de aprender a relativizar os problemas.
Remataron a súa intervención, que serviu de referente para a nosa mocidade, asegurando que se pode fracasar, xa que o fracaso non é máis ca unha aprendizaxe.
O martes 12 de marzo, o alumnado que cursa Francés de 3º e 4º ESO acompañados pola súa profesora Begoña Espasandín, asistiron en Santiago á representación teatral de "Le malade imaginaire", unha das obras máis significativas do gran dramaturgo Molière. Foi unha experiencia única na que os alumnos puideron disfrutar e familiarizarse coa cultura e literatura francesa.
Ese mesmo día, o alumnado de 2º ESO visito coa súa progesora Adriana Varela o CGAC en Santiago. Alí tiveron a oportunidade de asistir ao taller didáctico “A arte como Plataforma para a Igualdade. Mulleres artistas.”
Viron o traballo de artistas que reflexionaron sobre a igualdade pero tamén experimentaron como a arte ten o poder de espertar as nosas mentes e impulsar unha sociedade máis xusta, dentro e fóra dos museos.
Foi una mañá moi intensa pero á vez moi gratificante.
O alumnado de 2º ESO participou no concurso de relato curto organizado por Coca-Cola, tanto en Lingua Galega como en Lingua Castelá.
Para facer o relato tiveron que inspirarse mediante un estímulo creativo, neste caso foi un poema. En galego, un texto de Marta Dacosta e en castelán, de Lorca; os dous tiñan como símbolo principal a auga.
Agradecemos ás profesoras Adriana Varela e Concha Diéguez que animaran e preparan ao alumnado para participar neste concurso e así poder “dar renda solta á súa imaxinación para construír máxicos mundos con palabras” a partir dun estímulo narrativo sorpresa.
O alumnado de 1º e 2º de ESO participou no obradoiro de igualdade Sexamos conscientes, promovido polo Concello de Zas.
Neste obradoiro analizaron, por grupos, unhas historias reais sobre homofobia, discriminación da muller no deporte, transfobia, etc. A continuación, cada grupo escenificou esas historias para posibilitar unha reflexión e análise grupal en torno a estas situacións.
Son todos eles uns temas de moita actualidade e nos que é fundamental concienciar a toda a sociedade.
O pasado 16 de febreiro visitamos a parte loxística do centro de distribución de Pull & Bear e a parte de oficinas, patronaxe, estudio fotográfico, tendas piloto, informática e o laboratorio de análise e control de calidade, guiados por Laura de recursos humáns. O almacén conta coa tecnoloxía RFID para identificar e darlle trazabilidade ás prendas, un silo (zona de almacenaxe automatizada con capacidade para miles de contenedores), clasificadores para distribuir as prendas os destiños que corresponda, e robots para paletizar/despaletizar, o cal lles permite acelerar considerablemente tódolos procesos que se dan no almacén, dende as entradas de proveedor, ata a expedición ás diferentes tendas a nivel mundial, xa que son un dos dous centros de distribución cos que conta a cadea de Inditex, estando ubicado o outro en Cabanillas. Na parte das oficinas, visitáronse as oficinas, onde coñecimos ós desarrolladores da páxina web de Pull&Bear, e nos comentaron como era o seu día a día, e que tecnoloxías se manexaban no seu traballo. Na zona de informática, coñecimos a un equipo multidisciplinar, que se encargaba dende dar soporte ós usuarios das oficinas, ata facer analítica de datos. Alonxándonos da parte tecnolóxica, visitamos a zona de patronaxe e deseño, o estudio fotográfico onde se fan as imaxes das súas campañas, os escaparates e tendas piloto, onde se fai unha simulación de onde tería que estar cada cousa nunha tenda real, así coma luz, música ... e por último o laboratorio, onde nos explicaron as análises que se fan e falaron das calidades das prendas e tecidos.
Moitas grazas Pull&Bear!! Unha experiencia enriquecedora e gratificante.
A rapazada nos dí:
CAT: "Cuando llegamos a las instalaciones de Pull & Bear en Narón, nos sorprendió enormemente su tamaño. La nave logística, por ejemplo, abarcaba entre 25 y 30 mil metros cuadrados. Observamos su funcionamiento a través de un sistema automatizado en conjunto con un equipo de trabajadores. Posteriormente, pudimos examinar el modelo de una tienda que sirve como base para el diseño de todas las sucursales de la marca. Además, nos reunimos con el equipo de diseño online y sistemas informáticos, así como con miembros del equipo de confección y diseño. También tuvimos la oportunidad de visitar el set de fotografías y la zona de modelos, así como las impresionantes instalaciones del laboratorio utilizado para verificar la calidad de los proveedores. Las áreas de jardín y cafetería eran amplias y reflejaban un fuerte compromiso con la política verde. Al final de la visita, nos obsequiaron con un pequeño detalle. ¡Gracias Pull & Bear!"
AJRF: "Recentemente tiven a sorte de visitar as instalacións de Pull&Bear, e a experiencia foi realmente marabillosa. Dende o primeiro momento, a amabilidade do persoal destacou, facéndonos sentir extremadamente benvidos.
O que máis me impresionou foi a paixón e o coñecemento que o equipo compartiu connosco. Amosáronnos o proceso detrás das súas coleccións, onde a sustentabilidade e a innovación xogan un papel crucial, reflexando o compromiso da marca co medio ambiente.
Ademais, o detalle de recibir uns agasallos por parte deles foi un xesto que verdadeiramente apreciei, convertendo a visita nunha lembranza perdurable."
BCA: "A mí me gustó mucho ver Pull and Bear a nivel almacén y desarrollo. Sobre la marca me gusta mucho , las instalaciones, personal y moda me encantan. Lo único es que no he visto como puede encajar nuestro perfil de alumnos en ese mismo lugar. Me refiero en cuanto a nuestros conocimientos y que nosotros podamos funcionar en la empresa en estos momentos."
C.T. : "A min a excursión gustoume . Ver como traballan dentro de unha empresa tan grande e como se poden organizar pedidos dende dentro e fora de España e como os mandan o extranxeiro pareciome moi interesante. Tamén ver como nun solo edificio teñen organizado tanto a parte informática , como a patronaxe , o laboratorio, as tiendas piloto e a parte de fotografía e modelaxe chamoume a atención".
Z. F. : "A excursión ás instalacións de Pull&Bear pareceume unha vía de coñecer mellor e máis a fondo como traballan desde dentro, como se organizan e funciona. Grazas a isto puidemos coñecer máis de cerca e ter unha experiencia única que doutra maneira non tivemos, puidemos adentrarnos no marketing, na loxística, no laboratorio, no patronaxe, nas tendas piloto e coñecer un pouco máis de todo isto".
M.P.: " As miñas sensacións sobre a visita que realizamos as instalacións de Pull&Bear foron moi boas. En xeral a visita foi moi interesante, as alumnas de empresa poidemos ver a cantidade de areas loxísticas que ten unha empresa. Concretando máis, a miña parte favorita foi a tenda e os escaparates que hai nas instalacións, resultoume moi curioso. Sen duda unha experiencia moi recomendabel".
Desde a semana pasada o noso Centro acolle a exposición itinerante “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Facer no século”, organizada pola Fundación Juana de Vega co motivo do 150 aniversario do pasamento desta muller de gran relevancia na sociedade do século XIX.
A mostra, constituída por vinte paneis, permite á toda a Comunidade Educativa coñecer os momentos máis destacados traxectoria vital desta coruñesa ilustre e situala nun lugar que merece polas súas accións e polo seu pasamento. Ela representa a esas mulleres esquecidas ás que queremos dar luz con motivo do 8 de marzo.
Abórdase a traxectoria da súa familia, a guerra e a política de principios do século XIX; a súa voda co heroe da Guerra de Independencia, Francisco Espoz y Mina, cuxa morte a converte na viúva eterna; a súa faceta humana e intelectual, desde a súa función como coidadora da Raíña Isabel II ata a fundación de hospitais e hospicios ou a súa influencia nos círculos de poder para axudar aos máis necesitados.
O alumnado de 2º Bacharelato complementou a actividade coa participación hoxe nunha charla a cargo de Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación, na que se afondou no coñecemento deste referente feminino do liberalismo progresista da súa época, implicada en impulsar movementos sociais co fin de mellorar a vida dos máis desfavorecidos e defender os dereitos da muller, sempre coa discreción que requiría no seu tempo a súa condición feminina.
Ambas as actividades encádranse dentro do programa de actos dedicados á muller no mes de marzo desenvoltos pola Biblioteca do Centro.
Agradecemos á Fundación a súa amable disposición ao cedernos a mostra e ao seu presidente, Enrique Sáez Ponte, por achegarse ao noso Centro para completar a visibilización ante o noso alumnado desta muller excepcional cuxo legado continúa vivo.
A mostra pode visitarse libremente en horario escolar.