Entre o alumnado hai quen sabe perfectamente a que quere dedicarse de maior, pero moitos deles están perdidos, desorientados e desconectados dese futuro aínda remoto.
Por iso quixemos que os nosos e as nosas estudantes de 3º e 4º ESO participaran do programa da Xunta a través do cal se lles achega experiencias de éxito de profesionais que dedican o seu día a día a actividades que lles apaixonan. Durante dúas sesión participaron dun coloquio cos emprendedores, Pablo Castiñeira Olveira, autodidacta do mundo de internet que hoxe traballa para Inditex, e Manuel Alexandre Rivas Solla,dedicado á xestión cultural da súa empresa. Ambos contáronlles a súa experiencia no ámbito de formación, na incorporación ao mercado laboral e a súa experiencia de vida.
Un obradoiro moi práctico e dinámico e que lle permitiu ao alumnado reflexionar sobre o concepto de éxito, de fracaso, da importancia do esforzo, de potenciar as habilidades persoais para acadar metas profesionais… Aconselláronlles que perseguirán o seu soño malia a oposición de familiares, que o seu futuro é só deles, que gozasen sempre do que fixesen e de aprender a relativizar os problemas.
Remataron a súa intervención, que serviu de referente para a nosa mocidade, asegurando que se pode fracasar, xa que o fracaso non é máis ca unha aprendizaxe.
O martes 12 de marzo, o alumnado que cursa Francés de 3º e 4º ESO acompañados pola súa profesora Begoña Espasandín, asistiron en Santiago á representación teatral de "Le malade imaginaire", unha das obras máis significativas do gran dramaturgo Molière. Foi unha experiencia única na que os alumnos puideron disfrutar e familiarizarse coa cultura e literatura francesa.
Ese mesmo día, o alumnado de 2º ESO visito coa súa progesora Adriana Varela o CGAC en Santiago. Alí tiveron a oportunidade de asistir ao taller didáctico “A arte como Plataforma para a Igualdade. Mulleres artistas.”
Viron o traballo de artistas que reflexionaron sobre a igualdade pero tamén experimentaron como a arte ten o poder de espertar as nosas mentes e impulsar unha sociedade máis xusta, dentro e fóra dos museos.
Foi una mañá moi intensa pero á vez moi gratificante.
O alumnado de 2º ESO participou no concurso de relato curto organizado por Coca-Cola, tanto en Lingua Galega como en Lingua Castelá.
Para facer o relato tiveron que inspirarse mediante un estímulo creativo, neste caso foi un poema. En galego, un texto de Marta Dacosta e en castelán, de Lorca; os dous tiñan como símbolo principal a auga.
Agradecemos ás profesoras Adriana Varela e Concha Diéguez que animaran e preparan ao alumnado para participar neste concurso e así poder “dar renda solta á súa imaxinación para construír máxicos mundos con palabras” a partir dun estímulo narrativo sorpresa.
O alumnado de 1º e 2º de ESO participou no obradoiro de igualdade Sexamos conscientes, promovido polo Concello de Zas.
Neste obradoiro analizaron, por grupos, unhas historias reais sobre homofobia, discriminación da muller no deporte, transfobia, etc. A continuación, cada grupo escenificou esas historias para posibilitar unha reflexión e análise grupal en torno a estas situacións.
Son todos eles uns temas de moita actualidade e nos que é fundamental concienciar a toda a sociedade.
O pasado 16 de febreiro visitamos a parte loxística do centro de distribución de Pull & Bear e a parte de oficinas, patronaxe, estudio fotográfico, tendas piloto, informática e o laboratorio de análise e control de calidade, guiados por Laura de recursos humáns. O almacén conta coa tecnoloxía RFID para identificar e darlle trazabilidade ás prendas, un silo (zona de almacenaxe automatizada con capacidade para miles de contenedores), clasificadores para distribuir as prendas os destiños que corresponda, e robots para paletizar/despaletizar, o cal lles permite acelerar considerablemente tódolos procesos que se dan no almacén, dende as entradas de proveedor, ata a expedición ás diferentes tendas a nivel mundial, xa que son un dos dous centros de distribución cos que conta a cadea de Inditex, estando ubicado o outro en Cabanillas. Na parte das oficinas, visitáronse as oficinas, onde coñecimos ós desarrolladores da páxina web de Pull&Bear, e nos comentaron como era o seu día a día, e que tecnoloxías se manexaban no seu traballo. Na zona de informática, coñecimos a un equipo multidisciplinar, que se encargaba dende dar soporte ós usuarios das oficinas, ata facer analítica de datos. Alonxándonos da parte tecnolóxica, visitamos a zona de patronaxe e deseño, o estudio fotográfico onde se fan as imaxes das súas campañas, os escaparates e tendas piloto, onde se fai unha simulación de onde tería que estar cada cousa nunha tenda real, así coma luz, música ... e por último o laboratorio, onde nos explicaron as análises que se fan e falaron das calidades das prendas e tecidos.
Moitas grazas Pull&Bear!! Unha experiencia enriquecedora e gratificante.
A rapazada nos dí:
CAT: "Cuando llegamos a las instalaciones de Pull & Bear en Narón, nos sorprendió enormemente su tamaño. La nave logística, por ejemplo, abarcaba entre 25 y 30 mil metros cuadrados. Observamos su funcionamiento a través de un sistema automatizado en conjunto con un equipo de trabajadores. Posteriormente, pudimos examinar el modelo de una tienda que sirve como base para el diseño de todas las sucursales de la marca. Además, nos reunimos con el equipo de diseño online y sistemas informáticos, así como con miembros del equipo de confección y diseño. También tuvimos la oportunidad de visitar el set de fotografías y la zona de modelos, así como las impresionantes instalaciones del laboratorio utilizado para verificar la calidad de los proveedores. Las áreas de jardín y cafetería eran amplias y reflejaban un fuerte compromiso con la política verde. Al final de la visita, nos obsequiaron con un pequeño detalle. ¡Gracias Pull & Bear!"
AJRF: "Recentemente tiven a sorte de visitar as instalacións de Pull&Bear, e a experiencia foi realmente marabillosa. Dende o primeiro momento, a amabilidade do persoal destacou, facéndonos sentir extremadamente benvidos.
O que máis me impresionou foi a paixón e o coñecemento que o equipo compartiu connosco. Amosáronnos o proceso detrás das súas coleccións, onde a sustentabilidade e a innovación xogan un papel crucial, reflexando o compromiso da marca co medio ambiente.
Ademais, o detalle de recibir uns agasallos por parte deles foi un xesto que verdadeiramente apreciei, convertendo a visita nunha lembranza perdurable."
BCA: "A mí me gustó mucho ver Pull and Bear a nivel almacén y desarrollo. Sobre la marca me gusta mucho , las instalaciones, personal y moda me encantan. Lo único es que no he visto como puede encajar nuestro perfil de alumnos en ese mismo lugar. Me refiero en cuanto a nuestros conocimientos y que nosotros podamos funcionar en la empresa en estos momentos."
C.T. : "A min a excursión gustoume . Ver como traballan dentro de unha empresa tan grande e como se poden organizar pedidos dende dentro e fora de España e como os mandan o extranxeiro pareciome moi interesante. Tamén ver como nun solo edificio teñen organizado tanto a parte informática , como a patronaxe , o laboratorio, as tiendas piloto e a parte de fotografía e modelaxe chamoume a atención".
Z. F. : "A excursión ás instalacións de Pull&Bear pareceume unha vía de coñecer mellor e máis a fondo como traballan desde dentro, como se organizan e funciona. Grazas a isto puidemos coñecer máis de cerca e ter unha experiencia única que doutra maneira non tivemos, puidemos adentrarnos no marketing, na loxística, no laboratorio, no patronaxe, nas tendas piloto e coñecer un pouco máis de todo isto".
M.P.: " As miñas sensacións sobre a visita que realizamos as instalacións de Pull&Bear foron moi boas. En xeral a visita foi moi interesante, as alumnas de empresa poidemos ver a cantidade de areas loxísticas que ten unha empresa. Concretando máis, a miña parte favorita foi a tenda e os escaparates que hai nas instalacións, resultoume moi curioso. Sen duda unha experiencia moi recomendabel".
Desde a semana pasada o noso Centro acolle a exposición itinerante “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Facer no século”, organizada pola Fundación Juana de Vega co motivo do 150 aniversario do pasamento desta muller de gran relevancia na sociedade do século XIX.
A mostra, constituída por vinte paneis, permite á toda a Comunidade Educativa coñecer os momentos máis destacados traxectoria vital desta coruñesa ilustre e situala nun lugar que merece polas súas accións e polo seu pasamento. Ela representa a esas mulleres esquecidas ás que queremos dar luz con motivo do 8 de marzo.
Abórdase a traxectoria da súa familia, a guerra e a política de principios do século XIX; a súa voda co heroe da Guerra de Independencia, Francisco Espoz y Mina, cuxa morte a converte na viúva eterna; a súa faceta humana e intelectual, desde a súa función como coidadora da Raíña Isabel II ata a fundación de hospitais e hospicios ou a súa influencia nos círculos de poder para axudar aos máis necesitados.
O alumnado de 2º Bacharelato complementou a actividade coa participación hoxe nunha charla a cargo de Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación, na que se afondou no coñecemento deste referente feminino do liberalismo progresista da súa época, implicada en impulsar movementos sociais co fin de mellorar a vida dos máis desfavorecidos e defender os dereitos da muller, sempre coa discreción que requiría no seu tempo a súa condición feminina.
Ambas as actividades encádranse dentro do programa de actos dedicados á muller no mes de marzo desenvoltos pola Biblioteca do Centro.
Agradecemos á Fundación a súa amable disposición ao cedernos a mostra e ao seu presidente, Enrique Sáez Ponte, por achegarse ao noso Centro para completar a visibilización ante o noso alumnado desta muller excepcional cuxo legado continúa vivo.
A mostra pode visitarse libremente en horario escolar.
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2024/2025 só para alumnos de nova incorporación ao centro, que será do 1 ao 20 de marzo de 2024 (ambos incluídos).
Estas solicitudes de admisión poderán presentarse a través da aplicación admisionalumnado ou de forma presencial no centro docente que elixe o alumno/a como primeira opción. Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada deberase presentar fotocopia do libro de familia, donde consta o alumno/a.
Para calquera dúbida sobre a admisión de alumnado poden consultar na administración do centro chamando ao 881960015.
Este curso o noso centro participa en TALENTOS INCLUSIVOS, un proxecto desenvolvido polo CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da Universidade da Coruña e ASPACE, e está promovido pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía). O seu obxectivo é espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre os mozos e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.
A través deste proxecto, dous grupos de alumnado do noso centro MaxiTics (alumnado de 4º ESO da materia de Intelixencia Artificial para a Sociedade) e MaxiMakers (alumnado de 2º de Ciclo Medio e 2º Ciclo Superior de Informática), buscarán solucións tecnolóxicas a dous retos propostos por usuarios da entidade ASPACE: unha pechadura intelixente e un sistema de mensaxería por voz.
Hoxe recibimos a visita de María Jesús, Iago e Joan, usuarios de ASPACE, acompañados por Iria e Sandra, traballadoras de ASPACE, e Irene quen traballa na coordinación do proxecto Talentos Inclusivos no CITIC.
O alumnado de 4º ESO, 2º Ciclo Medio e 2º Ciclo Superior puideron coñecer de primeira man que é a parálise cerebral, que problemas ocasiona nas persoas que a sofren e que implicacións teñen nas tarefas do seu día a día como son a comunicación, alimentación, entretemento, mobilidade etc. Tamén nos contaron que é ASPACE, cando se fundou e que servizos ofrece ás persoas que sofren dita enfermidade.
María Jesús, Iago e Joan, contáronnos todo o que fan en ASPACE: talleres de olaría con barro, pintura, lectura e escritura. Colaboran nunha revista, teñen un programa de radio “A radio dos Gatos” e ata unha canle de Youtube onde contan en clave de humor o seu día a día.
Houbo tempo para resolver as primeiras dúbidas sobre os retos que teñen que resolver o noso alumnado e tamén responder as preguntas dos asistentes á charla.
Foi un auténtico pracer recibirvos no centro, grazas por esta charla cargada de positivismo e simpatía. Agora tócanos poñernos a traballar para sacar adiante os retos.