Que boa idea tivemos adornar as nosas escaleiras con versos de poetas, mulleres e galegas! Que gusto pasar por elas a diario e ler palabras tan fermosas!
Dinamización Lingüística
8 DE MARZO. DEDICATORIAS PARA AS MULLERES DA NOSA VIDA!
Canto temos que agradecer e valorar o que as mulleres que temos preto, fan por nós! Todos os días son 8 de marzo, día da MULLER, pero este curso o alumnado quixo escribir unha dedicatoria na foto coa muller da súa vida.
FEBREIRO: FLORES PARA ROSALÍA E VÍDEO DO RECITADO.
Flores para Rosalía no seu día e lectura dos seus poemas por toda a comunidade educativa.
—Animo, compañeiros,
Toda a terra é dos homes.
Aquel que non veu nunca mais que a propria
A iñorancia ó consome.
¡Animo! á quen se muda Dio-l-o axuda!
¡E anque ora vamos de Galicia lonxe,
Verés dês que tornemos
O que medrano os robres!
Mañan é o dia grande ¡â mar amigos!
¡Mañan, Dios nos acoche!
Para Habana. Rosalía de Castro
Unha estrela leva xa o nome de Rosalía de Castro, ela, que sabía que as estrelas non poden brillar sen escuridade tamén acende o noso camiño coa súa obra.
__ Ánimo, compañeiros!
Ánimo a todos!
O NOSO MURO CONTRA O MALTRATO, UN ANTIGO VIRUS QUE AÍNDA RESISTE.
Facendo conciencia do bo trato entre sexos, e tamén en galego, solidarizámonos coas vítimas e denunciamos o maltrato en anos anteriores...
e este curso 2020-21, por desgraza, debemos seguir aí, firmes, como o noso muro!
CANDO O ENTROIDO ERA. TALLER DE BOTEIROS.
Alleos á pandemia que estaba a piques de cambiarnos a vida, xuntabamonos na biblioteca, o curso pasado, no noso taller de boteiros. Había máis que xuntanza, tamén movemento, algareo e ilusión previa propia desta transgresora época do ano que tanto desfrutabamos.
OS INSTRUMENTOS DO PÓRTICO DA GLORIA
Réplicas e traballo de investigación, texto e audio, sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria.
Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
Vídeo-homenaxe á figura de Ricardo Carvalho Calero.
Deste xeito, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega, dos centros de Ensino de O Barco, quixeron estar presentes o Día das letras Galegas.
SAMAÍN. RELATOS DE TERROR, CABAZAS E TALLER DE MAQUILLAXE.
O Samaín deste curso trouxo algo de medo á entrada do centro, onde expuxemos as cabazas e os relatos de terror participantes no concurso deste ano. Pero non quedou a cousa aí, durante os recreos ofertouse un taller de maquillaxe terrorífica para alumnado e profesorado a cargo da profesora de francés Natalie. Merci Natalie!