Enlace a Proxectos de innovación en dinamización lingüistica
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
Benvidos ao portal de Dinamización da Lingua Galega
Esta é unha ventá ás actividades que desde a Dinamización Lingüística do centro abrimos para toda a comunidade educativa. Grazas atodos e a todas os que colaborades nelas, profesorado, alumnado e persoal non docente, grazas por que tamén contribuídes a darlle pulo á lingua galega, a grande obra colectiva do pobo galego, a que nos une e nos identifica, a que nos dá voz propia nun mundo plural e diverso ao que queremos sumarnos.
O equipo e Dinamización da Lingua Galega do IES Martaguisela constituíuse de acordo co Decreto 79/2010 do 20 de maio para o plurilingüismo coa finalidade de potenciar o uso da lingua galega, ficando conformado polos seguintes membros no curso escolar 2023-24:
· Coordinadora: Marta Cortés (Departamento de Música).
· Representantes do profesorado: Luisa Rigueira, Sara Lemos (Departamento de Lingua Galega e Literatura), Manuela Álvarez, Raquel Vigo (Departamento de Lingua Castelá e Literatura), Fernando Alonso (Secretario).
· Representantes do Equipo Directivo: David Espada ( Vicedirección), Fernando Alonso (Secretaría).
· Representantes do persoal non docente: Rosario Feijoo, Esperanza Carpintero (Conserxería).
· Representantes do alumnado:Darío Núñez ( 1º ESO), Aya Abattouy( 2º ESO) Valentín Fidalgo (3º ESO), Mario Prada ( 4º ESO), Duarte Domínguez (1º BACH) , Miguel Ortiz ( 2º BACH),
O equipo de dinamización lingüística traballa man a man co plan dinamizador da Biblioteca e os recursos derivados desta, instalacións, ordenadores e documentación, sendo sempre este espazo o centro físico das reunións de dinamización.
Ver apartado das bibliotecas escolares para máis detalles da instalación e recursos.
Estas e outras noticias das que procuramos dar conta case semanal, están detalladas na páxina do noso centro e nas nosas RRSS:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmartaguisela/
@instimartaguisela
Ies Martaguisela
@IES Martaguisela