Música
MULLERES COMPOSITORAS E INTÉRPRETES
A meirande parte da Historia as mulleres permancen ocultas, elas e os seus logros, talentos e virtudes. Así acontece coas mulleres intérpretes e compositoras, agochadas nun mundo de homes que si eran recoñecidos nas súas profesións, elas non pasaron á Historia cando tamén o merecían. Hoxe queremos darlle o seu sitio, coñecer a súa vida e obra. Poñémoslle cara ás mulleres músicas!
OS INSTRUMENTOS DO PÓRTICO
Construción de réplicas e traballo de investigación, texto e audio, sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria e a Música Medieval.
Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO.
TCHAIKOVSKY NO AUDITORIO DE GALICIA
Non estivo mal a interpretación de fragmentos da sinfonía nº 1 en sol menor, op. 13, “ Soños de inverno”, de Pyotr Ilyich Tchaikovsky a cargo da Real Filharmonía de Galicia. Tivo lugar o 25 de xaneiro no Auditorio de Galicia.
O alumnado de terceiro curso de ESO viaxou a Santiago para asistir a esta posta en escena musical que resultou escasa e deixou gañas de seguir a escoitar a obra deste xenial compositor.