O venres 22 de marzo puidemos desfrutar da representación da obra A guerra das linguas por parte do noso grupo de teatro que dirixe a profesora Marta Cortés.
Actividades
Representación de A guerra das linguas
No marco do Proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística A literatura galega á escena, recentemente galardoado, o alumnado e o profesorado do IES Martaguisela acordamos crear e representar varias obras de teatro coas que fomentar o galego oral e, ao mesmo tempo dar a coñecer as épocas, obras e autoras e autores da nosa literatura.
A guerra das linguas, o segundo dos guións, representarase este venres 22 no noso centro. Trátase dunha sorprendente distopía ambientada no ano 2630 na que os personaxes lembran os duros acontecementos dos Séculos Escuros e, ao descubriren o seu pasado, descobren tamén como poden reverter a situación.
ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN
As nosas actividade están no apartado DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Estas e outras noticias das que procuramos dar conta case semanal, están detalladas na páxina do noso centro e nas nosas RRSS:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmartaguisela/
@instimartaguisela
Ies Martaguisela
@IES Martaguisela