Este mércores no IES levouse a cabo a proba ICILS despois de ser seleccionado o centro como candidato a nivel estatal. O estudo Internacional sobre Competencia Dixital (ICILS) é promovido pola IEA para avaliar a competencia dixital dos estudantes de 2º de ESO, así como para recopilar información sobre o contexto escolar e familiar dos estudantes, cunha periocidade de cinco anos e na que España participa na edición de 2023. Nesta edición inclúese un módulo opcional para avaliar o pensamento computacional e a programación.