Skip to Content

Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022/2023

Foron convocados os premios extraordinarios ao rendemento académico para o alumnado que finaliza os estudos de ESO no curso 2022-2023 cun resultado excelente, dotados con  20 premios de 1.000€.

Presentación de solicitudes:  do 31 de maio ao 30 de xuño dende a aplicación "Premiosedu", sendo necesaria a súa presentación na Sede electrónica (a propia aplicación o indica chegado o momento).

Requisitos:Ter unha nota media nos catro cursos da ESO de 9puntos e superar unha probasobre materias de 4º ESO 

Características da proba: o día 6 de setembro terá lugar a proba, que se estrutura en días partes, a desenvolver nun máximo de 2 horas cada unha delas.  

  •  A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás materias Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura e Primeira lingua estranxeira.

 

  • Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e prácticas de Xeografía e historia, Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas (a escoller) e dunha das seguintes materias a escoller: Bioloxía e xeoloxía, Economía, Física e química, Latín, Ciencias aplicadas á actividade profesional, Iniciación á actividade emprendedora e empresarial ou Tecnoloxía.

Para máis información consultar a convocatoria que se achega como anexo a esta publicación.

 

AdxuntoTamaño
CONVOCATORIA PREMIOS ESO 22-23.pdf814.44 KB
GUIA PREMIOS ESO99.07 KB


page | by Dr. Radut